Salvador García-BodañoEntrevistaIES Manuel García BarrosA EstradaLiteratura Galegado Século XX e da ActualidadeTexto: © Cc...
Con moito agrado vou tentar de responder ás preguntas que me fan para a súa exemplar revista do Instituto de Ensino Secund...
Compostela, naquela altura da posguerra e da ditadura, pouco máis excedía da área que hoxe coñecemos como o admirábel casc...
O panorama cultural e artístico reflectía tamén un inmenso baleiro no que alentaban contadas voces ocultas pertencentes ax...
Salvador García-BodañoDende os primeiros intres de falar un con el percibía a súa afabilidade, a súa penetrante atención a...
Salvador García-Bodaño5. Tampouco podemos deixar de lle preguntar qué supuxo para Vostede recitar poemas ao carón de Carlo...
Salvador García-Bodaño6. Que sentiu un poeta xove coma Vostede recitar ao carón dun mestre coma Celso Emilio Ferreiro no 1...
Salvador García-Bodaño8. Que supuxeron para Vostede, e para a nosa literatura, as “Festas Minervais”? Por certo,“Festas Mi...
Salvador García-Bodaño9. No ano 1959 Vostede gañou o certame das “Festas Minervais” en galego e en castelán. Supoñemos que...
Salvador García-Bodaño11. A evolución temática na súa obra foi variada (intimismo existencialista, amor, lirismo elexíaco....
Salvador García-Bodaño13. O seu interese pola Flor de Santiago a que vén dado? “Flor de Santiago” ou “Flor deCompostela?A ...
CUESTIONARIOlunes 20 de mayo de 2013
Pérdome entre tantamarabilla.Un monumentosalientábel?Rosalía, “Follas Novas”;Manuel Antonio, “Decatro a catro”; LuísPiment...
Ter un can.Un anceio por realizar?Rural. Praia.Mundo rural/urbano?Praia/montaña?Moitos do litoral galego-portugués. Un bal...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Salvador garcia bodaño

451 views
402 views

Published on

0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
451
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Salvador garcia bodaño

  1. 1. Salvador García-BodañoEntrevistaIES Manuel García BarrosA EstradaLiteratura Galegado Século XX e da ActualidadeTexto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservadoslunes 20 de mayo de 2013
  2. 2. Con moito agrado vou tentar de responder ás preguntas que me fan para a súa exemplar revista do Instituto de Ensino Secundario“Manuel García Barros”, da Estrada, aínda que son tantas e se refiren a cuestións que me resultan tan amplas e densas que se mepoño a relembrar mesmo non sei cando rematarei.Digamos que o meu pai e a miña nai, xa logo de se casar en Compostela, na Colexiata do Sar, foron vivir para Madrid cando a IIRepública. Alí o meu pai estableceu unha xestoría administrativa e alí seica tiñan pensado ficar. Sen embargo, a miña nai, xa contraa fin do seu embarazo e moi pouco antes de eu ir nacer empeñouse en que quería dar a luz en Vigo, porque a miña avoa materna –compostelá de nacemento- alternaba temporadas alí e no seu domicilio de Salceda de Caselas (onde o meu avó, o doutor Zunzunegui,obtivera praza de médico). A miña nai (de liñaxe paterna euscalduna) tamén tiña na cidade olívica varias das súas irmás e irmánscasados, un deles, precisamente, médico xinecólogo. Tanta e tanta foi a súa insistencia que, ao cabo, decidiron deixar os seusproxectos madrileños e vírense a comezos daquel verán de 1935 para unha casa alugada na parte de Teis, na fermosa e inmensa ríaatlántica e ao pé do castro que sempre me inspiraron unha misteriosa atracción intensificada cada cada vez que ía alá cos meus pais.Aínda logo de ter pasada case toda unha vida, no ano 2004, con motivo do Premio “O Escritor na súa Terra”, que me concedeu aAELGA, ergueron un monólito no xardín do Centro Cívico de Teis e nel quixen que se gravaran estes meus versos: “Grazas lle dou ámiña nai lembrada/ que veu nacerme ó abeiro desta terra/ deste fermoso mar e desta fala”. Suficientemente explícitos do meusentir despois de tantos anos. Estando en Compostela, de onde era oriúnda parte da familia do meu pai -así como outra o era deNegreira- deu en se producir o sanguento golpe de Estado contra a república democrática e, a seguido, comezou a guerra civil, feitosque impedirían o propósito paterno de establecer un despacho de Procurador dos Tribunais en Vigo, e polo tanto tivese que seestablecer ao abeiro familiar na antiga urbe xacobea. Nela, pois, me criei e formei e, co pasar do tempo, tamén a cidade comoámbito existencial se faría presente nunha parte da miña obra literaria. Continuando coa tradición do meu bisavó e do meu paiobtiven o primeiro título de Procurador, aínda que logo seguín diversas actividades comerciais que non eran tampouco alleas áfamilia paterna, de profesionais liberais e comerciantes na vila nicrariense. Miña nai fixera maxisterio e me aprendeu a ler e escribirna casa. De nove anos asistín a un pequeno colexio mixto e privado situado fronte á Fonseca, e, máis tarde, entraría no ensino oficialno instituto. Viviamos na rúa da Caldeirería, nas inmediacións do antigo instituto Arcebispo Xelmírez e da Universidade, e poraquelas proximidades os nenos andabamos a seguir o ciclo dos xogos: o trompo, as bólas, a panda … e a facer trasnadas naquelaslembradas prazas da infancia. Abraiábame o resoar de illadas voces entre os grandes espazos da pétrea arquitectura da cidade, ossilencios das sombras nos recantos intransitados, o imperceptíbel pasar dos gatos polas calellas da anoitecida, as campás rompendo amañá, o solemne e fondo bater no tempo polo reloxo da Torre Berenguela, as gárgolas monstruosas nos días de choiva, a ruleta dobombo dos barquilleiros, o encaixe de ferro fundido dos respaldos dos bancos da Alameda testemuñas silentes dos concertos no palcoda música… Pasou coma un soño a nenez, veu a dura mocidade co pesar da orfandade, os estudos, a madureza, as ilusións, o traballo,a fonda vocación literaria e os primeiros escritos, a forte chamada da loita pola liberdade e, co pasar dos anos, un serenoencamiñarse da miña vida felizmente. A respecto dos meus xenes euscaldúns, debo dicir que, ademais de me transmitiren un gruposanguíneo frecuente entre as xentes da Euskal Herria (Rh A-), con gran probabilidade teñan contribuído a me achegarensentimentalmente a aquel país e me teñan acrecentado o amor por esta nosa terra patria.Salvador García-Bodaño1. O seu “relato existencial” comezou en Vigo aínda que ao pouco tempo o levaron para Compostela. Como foi que Vigo marcoutanto a súa paixón por este entorno como tantas veces deixou dito? Que lembranzas posúe daquela súa xuventude de posguerra?Os seus xenes euscaldúns marcaron nalgún momento a súa vida ou a súa obra?lunes 20 de mayo de 2013
  3. 3. Compostela, naquela altura da posguerra e da ditadura, pouco máis excedía da área que hoxe coñecemos como o admirábel cascoantigo, que ocupa a zona monumental e sobe cara a San Roque, cunha contorna de pequenos barrios na periferia urbana. Unhacerta tristeza como unha emocional brétema invisíbel invadía os espazos máis alá das horas e os lugares do rebulicio da xuventudeestudantil ao tempo de saírmos das clases e cando a diario nos iamos xuntando no que se lle dicía o “paseo”. Na actualidadequizais que aquel fenómeno social non deixe de resultar mesmo gracioso e non doado de entender, pero era un costume urbano(noutras cidades universitarias como Salamanca tamén se daba) que viña de tempo atrás entre a adolescencia e a madureza, conmaioría estudantil. Consistía en se ir reunindo por pandas de amigos e/ou de amigas nun ir e vir como dunha compacta multitudedende a Praza do Toural por Bautizados e a Faxeira ata o fodo da Alameda (cando chovía, facíase todo ao longo dos soportais deRúa do Vilar) como unha corrente de paseantes, uns de par dos outros, a ir cara adiante e outra corrente dos que xa viñan de voltapasando de carón dos que ían no senso contrario, entre adeuses e olas, piropos e risas, e mesmo dando unhas voltas cunhas mozasou, se cadraba e había algunha moeda, botábaselle un viño nun dos bares do traxecto. O paseo compostelán facíase diariamenteentre a unha e as dúas, pola mañá, e as oito e as nove, contra a noite. A vida cidadá desenvolvíase nunha repetición controladapola tiranía e a Igrexa.A configuración da estrutura social era marcadamente peculiar e na poboación mesturábanse os sectores urbanitas coa habitualafluencia de xentes das inmediacións rústicas (asistentas do fogar, leiteiras, obreiros etc.) e campesiñas (para viren aos médicos eavogados, sobre todo) que se incrementaba enormemente por toda a cidade os xoves con gandeiros e feirantes que concorrían ágran feira semanal desaparecida da carballeira do castro da Ferradura. E postos a relembrar, cómpre repetir que de mozo alí foi amiña primeira escola onde escoitar e aprender a lingua galega viva.No aspecto festivo, durante o curso académico celebrábanse, frecuentemente, entre grupos reducidos de mozos e mozas o que secoñecían como os célebres “guateques” de finais dos anos cincuenta e nos sesenta, e tamén, de cando en cando, os de maiorasistencia aos que se lle dicía “Te-Baile”, organizados en salóns grandes, por exemplo, no Círculo mercantil, no Hotel Compostela,no Casino, no Hostal, se ben despois xa foi aparecendo algunha que outra sala de baile, así como tamén deron en empezar a sepermitir os bailes nocturnos nas festas dos barrios, etc. O que non faltaban eran solemnes festividades e celebracións relixiosas,rosarios da aurora e procesións ademais das da Semana Santa. Centros xuvenís relixiosos como Acción Católica, Estanislaos, Luíses,ou de tipo político como o Frente de Juventudes, que ofrecían xogos de sala e distraccións para os que os frecuentaban. Astabernas, cafés, cines e igrexas eran os lugares de maior concentración, e máis tardiamente foise abrindo como novidade algunha“cafetería”. A Biblioteca de Buenas Lecturas, dedicábase ao préstamo de libros aos asociados e asociadas. As librerías só tiñan ávenda libros que tamén pasaran as censuras. En fin, culturalmente, Compostela era un ermo desposuído de eventos nongobernamentais e a actividade intelectual crítica convertíase nunha tentativa clandestina publicamente prohibida, como proscritaestaba a lingua galega no terreo do ensino, no xornalístico (a excepción, parcial, do curto tempo de edición dun suplementoliterario no diario “La Noche”), no radiofónico, no eclesial, etc. Teño escrito que logo das tristes e duradeiras consecuenciasprovocadas pola revolta fascista e, máis aínda, polo que se refire á represión que lle seguiu, a realidade cultural galega apenaschegaba a ser máis que unha magoada soidade submisa ateigada de fondos silencios.Salvador García-Bodaño2. Que nos podería contar daquela Compostela que tanto vai supoñer no seu futuro existencial e literario?lunes 20 de mayo de 2013
  4. 4. O panorama cultural e artístico reflectía tamén un inmenso baleiro no que alentaban contadas voces ocultas pertencentes axeracións da anteguerra de quen conservaban a vida e non asumían a derrota. Comezaban a perfilarse así, no medio do ideoloxismoda ‘non ideoloxía’ franquista, o reencontro e o reagrupamento dun primeiro núcleo decidido a levar para diante a tarefa dareconstrución cultural do noso país, o prestixio do noso idioma e, cando menos, dun pensamento galeguista que deixase aberto ocamiño do futuro acontecer político… Unhas liñas definidas -máis que definidoras e definitivas- nas que aquela nosa mocidade, queestaba a xurdir, atopase teoricamente base de coñecemento e a vinculación necesaria cunha situación anterior sen a que a etapa daposguerra non se podería explicar doadamente.É así que nos duros tempos da ditadura iría xurdindo e conformándose, con firme dedicación e valentía, a nosa nacente xeración deescritores e de artistas plásticos da posguerra xunto con outros mozos e mozas do ambiente universitario e iámonos sumando,establecendo conexións e tentando organizármonos para sermos os necesarios transmisores públicos, no seo dunha sociedadealienada, da culturalización e da actuación galeguista e nacionalista naqueles tempos precisados dun novo rexurdimento. ECompostela foi o inicial e sobresaínte foco de galeguización ao través da expansión universitaria por toda Galicia. Por aquel entóneu, aparte da miña actividade cultural e do activismo político clandestino, foi cando dei xa en comezar a percibir no meupensamento, gradualmente, un progresivo sentimento literario emerxido da cidade, unha interpretación creadora da súa visiónpoética: a cidade mistérica e enigmática como ámbito de inspiración que se reflexa nunha parte da miña obra literaria.Salvador García-Bodaño3. Sempre dixo que Carlos Maside (nas artes plásticas) e Ramón Piñeiro (no galeguismo) deixaran un fondo pouso en Vostede. Quenos podería contar destas dúas personalidades e até que punto marcaron en Vostede o seu futuro?En efecto, téñoo dito, e é que realmente naqueles anos de formación e de achegamento a algo para min tan pouco coñecido -máis aládalgúns relatos escoitados na casa- e, sen embargo, tan importante como é a realidade histórica, cultural e social deste noso paísatlántico europeo que é Galicia, habían ser maiormente significativas esas dúas figuras claves no meu proceso intelectual. Coñecín xanos seus derradeiros tempos ao excelente pintor e debuxante Carlos Maside, tenaz investigador e innovador na plasmación analíticada expresión estética da súa obra, un auténtico ensaísta da arte e un intelectual fondamente reflexivo. Era persoa de profundas earraigadas conviccións socialistas, de rexo temperamento, cortés, reservado, dunha formación cultural actualizada ao nivel europeo.A lección ética da súa conduta humana, en rexa solidariedade coas xentes do pobo, nunca deixou de estar á elevada altura da súamestría nos logros creadores dende o debuxo, a ilustración gráfica, o gravado (posibelmente o mellor gabador da súa época) aestampa, a acuarela e o gouache, subliñando os seus maxistrais óleos. Nas súas conversas, entre a temática varia, souben da vida eda obra de artistas e escritores expatriados dos que apenas tiñamos noticia: a Galicia exiliada. Dunha daquelas visitas conservo unretrato de debuxo a lapis que me fixera o 17 de febreiro de 1957 e que vai escurecendo levemente na parede da biblioteca como unsímbolo do pasar da vida.Ao egrexio galeguista, filósofo da saudade, ensaísta e político Ramón Piñeiro presentáronmo tamén levándome unha mañá ata a súacasa da Rúa Nova, no mes de decembro do ano antes citado.lunes 20 de mayo de 2013
  5. 5. Salvador García-BodañoDende os primeiros intres de falar un con el percibía a súa afabilidade, a súa penetrante atención ao que un dicía e ás súas atinadasobservacións e preguntas. Posuía unha grande cultura e unha asombrosa capacidade de análise e síntese. Como ocorría con outrosmozos e mozas enseguida se establecía unha continuada amizade e as visitas xa se facían frecuentes. Pódese dicir que se con CarlosMaside me acheguei ao coñecemento e ao interese polas artes plásticas e á Galicia do exilio, así como a unha profunda preocupaciónpolo social, con Ramón Piñeiro accedín á Galicia patria e á súa historia, á construción do europeísmo, a toda a tradición galeguista e acase todos os notábeis persoeiros que me iría presentando superviventes da persecución franquista, moitos deles vencellados naeditorial Galaxia, un artillado proxecto de loita galeguista dende a cultura e o seu entorno estratéxico. Nos anos da mocidade, alápolo ano 1960, en nome do noso grupo galeguista compostelán foramos tres compañeiros a lle pedir unha especie de programa-guieiroideolóxico para ver de constituír e integrármonos no que podería ser un novo partido galeguista. Non o conseguiriamos, aínda que untempo andado non sei se chegara de América un pequeno panfleto, con pseudónimo, sobre galeguismo, se ben non respondía ás nosaspretensións.Ramón Piñeiro foi un firme referente da reconstrución galeguista na posguerra. Na súa condición humana era unha persoa bondadosae solidaria que axudou a algúns mozos dos cales, en casos concretos, non recibiría máis que mal por ben. A miña amizade con el, e coasúa prezada muller Isabel, foi longa ata o termo dos seus días, se ben á marxe do noso rexo aprecio, nos finais da ditadura e nos anosda transición tivemos amicais discrepancias políticas con respecto aos conceptos de galeguismo e nacionalismo na esquerda enrelación con Galicia. Ramón Piñeiro, dende a ditadura, sempre entendeu o galeguismo como unha base común sobre a que os partidospolíticos democráticos actuantes na nosa terra debían asentar os seus distintos ou dispares contidos programáticos.4. Que supuxo para Vostede e que lembranzas ten daquel acto do 1960 de homenaxe a Cabanillas ao carón de Aquilino IglesiaAlvariño e de Uxío Novoneyra?O Paraninfo da Universidade rexistraba unha enorme concorrencia de público, profesores, alumnos, xente da cidade en xeral, todo oacto debo de dicir que foi algo que adquiriu un ton emotivo impresionante. Apenas facía uns meses, o 9 de novembro de 1959, que llederamos sepultura en Fefiñáns (Cambados) a Ramón Cabanillas cun formidábel acompañamento do féretro polo medio e medio davila. E o ano anterior, na alameda padronesa, o 8 de abril de 1958, tivera lugar a multitudinaria homenaxe de coroación ao grandePoeta da Raza. Polo tanto Ramón Cabanillas nese tempo inspiraba unha moi especial conmoción cívica no mundo da cultura galega eno seo do galeguismo. Compartir a participación naquel acto que lle tributaba a Universidade con poetas de tan alta significacióncomo Aquilino Iglesia Alvariño e Uxío Novoneyra foi para min unha grande satisfacción e un estímulo inesquecíbel. Eu, como máisnovo, comecei a quenda de intervencións coa lectura de dous ou tres poemas, comezando co de “Xa as mareas da Arousa terá delembrar agora/ o teu nome/ entre as escumas máis lenes do teu silencio”; Novoneyra tamén outros tantos, iniciando co de “As ondasdo río devalaban lenes/ levando as barcas soltas cara ao infindo do mar e a noite”; E Iglesia Alvariño o mesmo, dando principio co de“Eu vou no tren ¡Que leda muiñeira!”. Van alá cincuenta e tres anos e aquel día vénseme en lembranza como se sucedera onte.lunes 20 de mayo de 2013
  6. 6. Salvador García-Bodaño5. Tampouco podemos deixar de lle preguntar qué supuxo para Vostede recitar poemas ao carón de Carlos Casares, XohanaTorres e Arcadio López Casanova na celebración no 1963 do primeiro “Día das Letras Galegas”. Pensaban vostedes daquelaque esta conmemoración tería futuro?Apenas dous meses antes de chegar á data na que se quería celebrar esa primeira conmemoración foi cando (como comentei aíndao pasado ano na miña sección xornalística de “No pasar dos días”, en El Correo Gallego) se presentou na Real Academia Galega unescrito, en relación coa brillante proposta do numerario Francisco Fernández del Riego e asinada tamén por Manuel Gómez Románe Xesús Ferro Couselo. O obxectivo era -e logrouse- que cada ano se declarase o 17 de maio Día das Letras Galegas, partindo docentenario da publicación do libro “Cantares Gallegos” de Rosalía Castro, considerado a primeira ópera magna da literaturagalega. A celebración tivera lugar nalgunhas das cidades de Galicia, pero sería en Compostela, promovida pola Universidade, ondenaqueles intres acadaría unha maior resonancia. No noso grupo recaeu a actividade organizativa daqueles actos, un grupo grandede estudantes -lembraba con Arcadio López-Casanova- non só da cátedra de Literatura rexida por Moreno Báez senón con outrosmáis da Agrupación cultural “O Galo”, decidimos iniciar os preparativos e a procura de local. Primeiramente, foramos unhacomisión -dixo- a ver ao reitor Echeverri, que nos atendeu ben e aceptou o acto, e mesmo se editaron invitacións.Na mañá daquel venres 17 de maio de 1963 houbera uns solemnes actos en Bonaval cunha grande asistencia ás cerimonias e ante otúmulo rosaliano. Pola tarde, ás oito, o acto literario tivera lugar no Salón Artesoado de Fonseca, abarrotado de xente. Co reitorestaban na presidencia o tenente de alcalde, o comandante militar da praza, o delegado de Información e Turismo, o vicerreitorCarlos De Miguel, os catedráticos Moralejo Laso e Moreno Báez e o profesor Carballo Calero, membro da RAG. Entre outrospersoeiros, estiveron presentes, tamén, os numerarios García Sabell, Paulino Pedret, Ramón Piñeiro e Iglesia Alvariño; GarcíaDomínguez (Borobó), director de El Correo Gallego; o profesor Varela Jácome, e, polo Seminario de Estudos Galegos, CorderoCarrete. Abrira a presentación da homenaxe Moreno Báez e se seguiu cunha conferencia de Carballo Calero. Houbo, logo, unrecital no que intervín xunto con Xohana Torres, Carlos Casares e Arcadio López-Casanova, todos da mesma xeración da posguerra,uns dos primeiros anos e outros dos finais. Os catro estabamos encantados de participarmos xuntos naquel acto tan sobresaínte echeo de significado, se ben ninguén tiña certeza da súa perduranza en tempos vindeiros e, como en tantos aspectos da nosa loita,tan só nos animaba a forza da esperanza. Pechou a conmemoración felicitando aos participantes na sesión académica e aosorganizadores do Día das Letras Galegas, o reitor da Universidade, doutor Angel Jorge Echeverri. Á saída, organizamos unhaprocesión cívica –lembroume Arcadio-- que foi de Fonseca á Ferradura; levabamos unha coroa, que foi depositada no monumento aRosalía. Houbo algunhas intervencións -nas que el falou- e rematamos cantando todos o himno xa na anoitecida.lunes 20 de mayo de 2013
  7. 7. Salvador García-Bodaño6. Que sentiu un poeta xove coma Vostede recitar ao carón dun mestre coma Celso Emilio Ferreiro no 1964?Podería dicir que experimentei unha grata mestura de satisfacción ao tratalo persoalmente -era falador, simpático, anecdótico- ede interese por coñecer a súa dicción dos poemas, xa que nunca o tiña escoitado. O seu último libro tivera unha enorme difusióndende a súa edición dous anos antes (“Longa noite de pedra”, 1962), aínda que a min sempre me interesou moito máis o anterior(“O soño sulagado”, 1954), e do que nesta ocasión, curiosamente, fixo unha lectura maioritaria na súa intervención. Recórdasemecon detalle aquel día non só polo feito de coñecelo, senón porque foi unha xornada de certa dureza para min por mor da censura.Chegara a Pontevedra invitado a participar, con Celso Emilio Ferreiro e con Arcadio López-Casanova, nun Ciclo de Cultura Galegacon ocasión dos actos da segunda celebración do Día das Letras Galegas. Era o 14 de maio de 1964... Os amigos, en Pontevedra,levaban todo o día na miña procura a ver se chegara porque os censores oficiais non me ían permitir ler algúns dos poemas, entreeles un titulado “Non houbo galos” dedicado a Bóveda. Á hora do recital, apareceu Amalia -a súa viúva- na porta do Salón de Actosdo Liceo Casino preguntando por min. Xa estaba informada e quería darme as grazas. Abrazoume cunha longa aperta chea deemoción. Aínda sinto a súa tenrura. Non quixo asistir ao acto. Celso Emilio indignárase moito co que me estaba a pasar.7. Foi Vostede fundador, colaborador, presidente... de moitas asociacións, fundacións... e supoñemos que de todas gardarecordos particulares, mais pola súa función ou futuro de cal, ou cales, garda sensacións especiais e por que?En realidade, varias delas lograron acadar especial importancia (O Museo do pobo Galego, AAsociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, o PEN Clube de Galicia, o Ateneo deSantiago …). Sen embargo, entre todas elas -exemplares institucións que nos nosos días seguen aenriquecer a nosa Cultura- eu quizais escollería a Agrupación cultural O Galo por xurdir do nosoentusiasmo xuvenil e nas adversas circunstancias da ditadura ás que antes xa teño aludido.Concretamente naquela desolada depresión da vida cultural no seo da sociedade baixo a opresióntotalitaria foi cando uns cantos decidimos iniciar, a comezos de 1961, a creación desta agrupaciónco nome de O Galo, polo seu símbolo de canto auroral, que promovese unha serie de variadasactividades e reactivase e actualizase no seo da sociedade un retorno ao contacto coa nosacultura, e coa do mundo moderno, a respecto das cales se impuxera unha total desconexión. AAgrupación cultural O Galo -que despois de máis de medio século aínda mantén a súa históricaexistencia-, de par de tentar indagar nas vangardas do contexto cultural universal illado polacensura do réxime, e de divulgar a modernidade cultural, iría afirmando unha forte vocación deactuación galeguista e nacionalista na posguerra, converténdose na asociación cultural’ pioneirade todas cantas en Galicia se dedicarían, despois, a espallar a lingua e a cultura xenuínas.lunes 20 de mayo de 2013
  8. 8. Salvador García-Bodaño8. Que supuxeron para Vostede, e para a nosa literatura, as “Festas Minervais”? Por certo,“Festas Minervais” ou “Xeración dos 50”?Retomados do pasado histórico os certames literarios co nome das Fiestas Minervales, que nosmedios cultos do país pasarían a se coñecer como as Festas Minervais, danse en convocar xa apartir de 1954, e había ser dende 1956 que se celebrasen tamén en lingua galega e mesmo, anon moito tardar, en catalán e éuscaro. Encádranse nunha época que resulta de evidentecomplexidade pola converxencia de autores de diferentes niveis xeracionais, na que, ademais,traballan e publicar prestixiosos escritores da anteguerra, sobreviventes e procedentes ben daxeración Nós, ben vencellados á de 1925, ou os que poden ser integrados na de 1936. Polotanto, se, de feito, adoita ser arriscado calquera intento de establecer clasificaciónsxeracionais, esa continxencia aínda é meirande para esa etapa crucial: a Posguerra, un tempodeterminante para a continuidade das nosas letras e o seu posicionamento de par das outrasliteraturas do mundo.Persoalmente, as Festas Minervais viñeron fomentar a miña vocación como escritor e o comezo da miña carreira literaria. Teñoescrito que cómpre ter presente que neses anos emerxeu, inicialmente, unha promoción -complexa e heteroxénea- de poetasaparecidos polos anos cincuenta, algo así como unha indefinida promoción de promocións, ampla e imprecisa, designada comoXeración dos 50, que en realidade abrangue tres promocións nese período que podemos designar como a Promoción Ponte (encualificación de Fernández del Riego), a Promoción do Abrente (en titulación miña) e a Xeración das Festas Minervais (chamada asípolo escritor Méndez Ferrín), cumprindo deixar esta última circunscrita, obviamente, só á nómina de quen por aqueles anos, tiñanparticipado directamente nestas xustas poéticas e compartido un mesmo ambiente intelectual. O influxo individual desta xeraciónhabía ser amplo e, en verdade, orientador tamén para outros escritores coetáneos. As Festas Minervais representan, xa que logo, unperíodo clave da poesía galega contemporánea. Mais, son algo máis que un firme renacer da poesía autóctona. Significa un rexo elode forxa que une, doutra volta, a cadea da nosa tradición literaria entre o inmediato pasado e un porvir que nos convoca á loitacomún cara a un devecido horizonte de normalidade cultural. Aparecen voces diversas que asumen decididamente -axiña, na súamaioría- a fala da súa terra, manexándoa con mestría e cunha grande riqueza expresiva. Voces dispersas que van xuntando a verdadedo seu cantar...lunes 20 de mayo de 2013
  9. 9. Salvador García-Bodaño9. No ano 1959 Vostede gañou o certame das “Festas Minervais” en galego e en castelán. Supoñemos que é algo case insólito,mais coida que un poeta se pode desenvolver igual en dous idiomas cando un deles é o seu propio e co que mantén o seuforte compromiso?Aquela edición das Festas Minervais na que fun galardoado, por dous xurados de diferente composición, co primeiro premio enpoesía galega e co primeiro premio en poesía castelá, marcaría xa de por vida a miña elección lingüística para a creación. Mentresestaba sentado agardando para recolle-los premios, adoptei a íntima decisión de que, partindo daquela situación de igualdade edada a persecución que viña padecendo a lingua galega, dende aquel mesmo día xa a usaría tan só como medio de expresiónliteraria. A respecto de que un poeta se poida desenvolver igual en dous idiomas cando un deles é o seu propio e co que mantén oseu forte compromiso, en fin, o caso non adoita ser o mesmo de non ser que se posúa un destacado grao de igualdade no dominiode ámbalas dúas linguas. Cando escribía nas dúas linguas, Na literatura universal temos importantes exemplos de poetas queescribiron en máis dunha lingua, podemos lembrar entre outros os casos de Rainer Maria Rilke, Fernando Pessoa, Thomas S. Eliot,Joseph Brodsky, Vicente Huidobro, Cesar Moro, etc10. Compostela (non Santiago) foi para Vostede tan importante como para incluso presidir doustítulos de obras súas? Até que punto marcou esta cidade a súa obra literaria?Quizais, neste senso, mellor que falarmos dunha grande importancia ou dunha marcada influenciada cidade de Compostela nunha parte da miña obra escrita, máis apropiado sería referírmonos atodo un proceso vivencial -e mesmo imaxinario- experimentado no seu ámbito espazo-temporal,do que se habería producir unha gradual emersión á linguaxe literaria, é dicir, á profundaesencialidade da poesía que é a creación.lunes 20 de mayo de 2013
  10. 10. Salvador García-Bodaño11. A evolución temática na súa obra foi variada (intimismo existencialista, amor, lirismo elexíaco...) o mesmo que a evoluciónformal da súa poesía. Con que temática(s) se quedaría e con cal(es) se sentiu máis identificado? Quedaríase a nivel formal coarixidez ou co versolibrismo?Nunha ocasión, manifestei no Boletín Galego de Literatura que, certamente, seguín un camiñar literario que se inicia -entreoutros títulos- na esencialidade conceptual intimista de “Ao pé de cada hora”, para achegarse a unha fonda reflexión evocadoradunha alteridade histórica en “Tempo de Compostela”, o renacer do sentimento erótico amoroso condensado nas formas libres epechadas dos “Poemas de amor a Xulia” e deixar, despois, en “Pegadas no alcatrán”, que deron paso e foron inseridas no meuúltimo libro titulado “Cidade virtual”, de clara vontade anovadora no actual panorama da nosa lírica. Vivencias e lembranzas,desexos e mágoas, soños, ideais, rabias, ledicia, a terra-patria, a muller amada, a cidade como como ámbito existencial,fragmentos de realidades vitais que reflúen do esquecemento, universos imaxinarios a se mesturar nunha outra e nova realidade,nesa realidade virtual ou nesa meta-realidade que, como antes dicía, emerxe do poema construída nunha linguaxe mistéricaadensada de símbolos e de enigmas. No proceso creador as novas temáticas sorpréndennos e, en cada caso, suxiren diferentesarquitecturas formais.12. Vostede, que tivo unha participación activa en política, cre que naactualidade en política se aposta seriamente polo noso idioma e polanosa cultura ou máis ben se interesan por outras temáticas?Eu participei activamente na acción política da clandestinidade, cando apolítica mesmo nos custaba os poucos cartos que tiñamos e podía custarmoito máis. Non producía cartos legais (ou ilegais) como na democracia.Lamentabelmente, teño que responder á vosa pregunta dicindo que oidioma e a cultura se esforzan por sobreviviren pese aos políticos.lunes 20 de mayo de 2013
  11. 11. Salvador García-Bodaño13. O seu interese pola Flor de Santiago a que vén dado? “Flor de Santiago” ou “Flor deCompostela?A Flor de Santiago fíxose visíbel no contexto da espléndida exposición “Galicia en cartel”,celebrada arredor do pé da elevada columna con copaxe de arcos e oxivas (a ‘palmeira’) depedra en gótico languedociano, que abeira a atraínte ábsida da Église des Jacobins, enToulouse. Foi como atopar unha parte misteriosa do pasado. E dende aqueles espazos antigosde polícromas transparencias vitrais, a Flor de Santiago -chamada así de antigo- vén arestoraata nós a protagonizar a súa exhibición natural e a súa propia historia, na mostra magníficaque arrequece e reactiva a nosa memoria nos espazos onde, aquí tamén, a luz de altísimasfiestras estreitas alumea un fermoso sosego de soidades góticas florido de oxivas.13. E para finalizarmos, recibiu Vostede algunha crítica a algunha das súas columnas “No pasar dos días? E de ser negativa, como lleafectou esta crítica?O escenario focalízase no cruceiro e na cabeceira de tres ábsidas, a central e as laterais baixo airosas abóvedas de cruzaría quefan pétreo dosel protector e ornamental para esta singular especie floral de delicado encantamento a alumar de tonalidadesgranates o entorno do tempo penumbral alí recollido. E, alzándose, aí está a Flor de Santiago, un símbolo do arrebol contra apedra da resistencia e da esperanza, como unha chama do altar do sol na fisterra galega, vermella luz crepuscular do aire chegadode todos os camiños que traen a Compostela, ardente soño de distancias.Non son consciente de ter recibido ningunha crítica, mais sempre pode haber alguén en desacordo. Eu leo a edición do xornal enpapel. Nos artigos sempre trato de ser moi obxectivo nas miñas opinións e respectuoso nas miñas expresións.lunes 20 de mayo de 2013
  12. 12. CUESTIONARIOlunes 20 de mayo de 2013
  13. 13. Pérdome entre tantamarabilla.Un monumentosalientábel?Rosalía, “Follas Novas”;Manuel Antonio, “Decatro a catro”; LuísPimentel, “Sombra do airena herba”…Un/ha autor/-a e unha obraliteraria galegos?Castelao e NelsonMandela.Un personaxe galego eun estranxeiro?Fernando Pessoa, as súasmetamorfoses poéticas e os seusalter egos. Ou Octavio Paz en“Libertad bajo palabra”.Un/ha autor/-a e unha obraliteraria estranxeiros?Ningún.Un personaxe literario co que seidentifique?“Ser e non ser”.Unha película de cine?Quizais a ausencia, da cala presenza é premonición, ea muller como sentimentoda vida..Cal é a súa fonte deinspiraciónHamletUnha obra teatral?lunes 20 de mayo de 2013
  14. 14. Ter un can.Un anceio por realizar?Rural. Praia.Mundo rural/urbano?Praia/montaña?Moitos do litoral galego-portugués. Un balneario deGalicia.Un lugar para visitar? e un lugarpara descansar?A romanización ou aRevolta francesa, porexemplo.Un feito histórico?A liberdade dospobos.Unha utopía?A miña biblioteca.Un lugar axeitado para alectura?A folk de LeonardCohen. “So longMarianne” ou “FirstWe Take Manhattan”.Un tipo de música? Unhacanción?Non me identifico conningún.Un/ha autor/-a con quen seidentifique?Navegar.Outro entretementoademais da lectura?lunes 20 de mayo de 2013

×