Your SlideShare is downloading. ×
0
Olimpio arca
Olimpio arca
Olimpio arca
Olimpio arca
Olimpio arca
Olimpio arca
Olimpio arca
Olimpio arca
Olimpio arca
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Olimpio arca

170

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
170
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Olimpio Arca Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservadosmiércoles 9 de enero de 2013
  • 2. Olimpio Arca 1. Supoñemos que as súas lembranzas da República sexan case nulas pero como lembra Vostede a Guerra Civil e as súas consecuencias posteriores? Houbo circunstancias devengadas destas vivencias persoais que o marcasen a nivel individual? O primeiro recordo corresponde aos carteis de “Votad al Estatuto de Galicia”. Había un cartel no portalón da casa dunha dona chamada Alicia e todos os nenos deveciamos por borrarlle o G. Sen embargo dous feitos magoaron fondamente o meu espíritu de neno: presenciar a brutal paliza que un mestre lle propinou a un compañeiro de once anos por negarse a cantar o “Cara al sol”. O mestre ben sabía que era fillo dun coñecido afiliado ao Frente Popular. Así mesmo, os domingos do 1937 e 38, unha panda de mozos dunha localidade veciña chegaban nunha furgoneta vestidos con uniforme e bandeiras fascistas e co grito “Arriba España”, brazo en alto, obrigaban aos veciños a corresponder co saúdo . Un deses domingos, a un mozo que ía á herba coa cesta e o fouciño, ocorréuselle, malpocado, erguer o fouciño. Se súpeto o coche dos fascistas freou e, como feras, colléreno e metérono na furgoneta. Apareceu días despois todo mazado. 2. Vostede naceu na mesma vila en que dous insignes galeguistas “paseados” no 36 (Roberto Blanco Torres e Xoán Xesús González). Puideron influír estes dous viciños no seu compromiso posterior con Galiza, aínda que Vostede puider ter coñecemento deles máis tarde cós acontecementos? Souben de Xoán Xesús González por miña nai, que mo puña de exemplo polo seu ascenso social (de canteiro a avogado), por mor dos estudos. De Blanco Torres tiven novas aos vinte anos. Penso que non influíron no meu pensamento. 3. Sempre foi coñecido Vostede polo seu labor de MESTRE (en maiúsculas), mais podería decirnos se había grandes diferenzas entre o labor docente dos anos cincuenta e sesenta e o ensino durante a democracia? O ensino foi para min unha fonda vocación. Dende os dezaoito anos, sempre puxen escola: no verán, na casa, aos rapaces da contorna; no inverno, clases nocturnas a mozos. Fun cofundador en Cuntis da Academia Lumen (1949); cofundador da Academia San Pelayo na Estrada (1961), con clases de bacharelato e maxisterio e impartín clases particulares fóra do horario oficial da escola pública. Ata 1970, o material didáctico, os libros, eran moi escasos e moitas veces antipedagóxicos e as condicións dos locais onde se impartía escola non eran os máis axeitados (ausencia de aseos). O ensino memorístico era característico do nacionalcatolicismo do Réxime. O mestre desfrutaba de consideración social, malia o soldo de miseria co que era retribuído. No ano 1975 comeza o desenvolvemento económico, orfo do necesario desenvolvemento intelectual. Melloran as escolas, os libros e o material didáctico resultan máis aceptables pero nas familias mingua a autoridade dos pais. Os alumnos, axudados por leis permisivas no rendemento escolar baixaron no proveito do estudo e o mestre, progresivamente, vai perdendo autoridade social. En resume, o labor docente atopa máis facilidades pero a receptividade do alumno é menor.miércoles 9 de enero de 2013
  • 3. Olimpio Arca 4. Hai varios datos que nos indican o seu compromiso coa docencia e as inxustizas que nela había. Foi dura a súa loita por acadar unha escola unitaria de nenas e nenos a fins dos anos sesenta? O nacionalcatolicismo tiña o concepto do sexo coma un tabú e ordeou a separación de xéneros. Cando en Couso se nos entregan as dúas aulas nun mesmo edificio, pensei no absurdo da educación dos mesmos coñecementos en aulas distintas. Expoño a idea da integración á mestra, que o entende ben, pero teme á Administración. Entrevisteime co Inspector quen, coa lei na man, intenta disuadirme de tal idea. Pero como tiña eu certa ascendencia sobre aquel inspector (dúas fillas súas asistían ás miñas clases particulares), insistín pero, malia que el tamén compartía a miña idea, non estaba disposto a “quebrantar a lei”. Na terceira ou cuarta entrevista claudicou: “Alá ti, eu non sei nada”. Fixemos a unificación e o inspector non volveu facer visitas. 5. Outro do seu compromiso co ensino foi o de enfócalo cara a unha vertente máis práctica ca teórica como demostra a súa tendencia de sempre a fomentar as actividades. Supuña iso unha innovación na docencia da época ou máis ben unha corrente xa máis extendida? Recordaba que de neno, na escola, sacáballe máis proveito ás excursións que ás ensinanzas na aula. No ano 1946, nas clases particulares substituía, ás veces, a clase por unha excursión na mesma aldea: os hórreos, os cabazos, as palleiras,… servían para a historia alimenticia da humanidade. A carballeira era un libro aberto de ciencias, etc. Obra de Olimpio Arca, Comprobei os bos resultados e non me pareceu innovación senón unha forma leda do ensino. “O Tren” Non estaba extendida esta modalidade, de feito había compañeiros que me criticaban. 6. Nos seus primeiros tempos como docente este labor estaba bastante prestixiado socialmente. Que pensa Vostede na actualidade cando vemos que este labor carece abondo dese prestixio tan necesario? Dixen antes que o desenvolvemento económico non veu parello co desenvolvemento cultural. Nunha sociedade onde impera o espíritu de que “vale quen ten”, o mestre perdeu o prestixio. Como mostra, un diálogo sostido alá no ano 93, na etapa final da miña docencia, cun alumno ao que eu trataba de inculcarlle a importancia do estudo na súa vida futura: “-Mestre, de que vale tanto estudo: ti cantos pisos tes? –Un- respondinlle. -Bo, meu pai non é mestre e ten tres…”miércoles 9 de enero de 2013
  • 4. Olimpio Arca 7. Desas actividades prácticas posibelmente a máis empregada por Vostede foi o teatro. Por que se decidiu por ese xénero dinamizador? Foi este aspecto o que máis satisfaccións lle supuxo? Foi este o xénero literario no que primeiro puxo a súa pluma? Tres horas seguidas de clase poden levar ao alumno ao desinterés pola materia ou ao cansanzo. Resulta necesario un descanso ledo: cantar, debuxar, imitar… como eu non sabía entoar e o debuxo dábaseme moi mal, pensei na lectura escenificada dun conto breve. Recordo que na lectura do diálogo do pastor co lobo para que non lle comera a ovelliña, moitos nenos de sete anos tiñan bágoas nos ollos. Así comecei: primeiro, lectura expresiva, segundo, diálogos entre alumnos, terceiro, escenificación. Olimpio Arca co alumnado de Literatura Galega do século XX e da actualidade no IES Manuel García Barros. 8. E seguindo co teatro, sabemos que moitas das súas pezas ao final saíron do baúl para seren publicadas e daquela transmitidas a outras xeracións. Aínda quedan algunhas no baúl ou xa volveron todas a cobrar vida? Só quedan no baúl uns cantos “esqueches” da conmemoración de distintas datas: a festa da árbore, o Día das Letras Galegas, o día do libro, o día da paz…. 9. Que lle supuxo maiores satisfaccións, os múltiples premios acadados polo seu labor docente e polas actividades desenvolvidas ou ver as súas obras teatrais postas en escena polo seu alumnado? A maior satisfacción como docente foi xestionar e acadar para os nenos da zona de Vea a implantación da Segunda Etapa, oito anos antes da construción do edificio do colexio. Logo, no teatro a gran satisfacción foi saber que dúas obriñas de teatro escolar miñas estiveran nos andeis da Feira do Libro de Frankfurt.miércoles 9 de enero de 2013
  • 5. Olimpio Arca 10. Supoñemos que de todos os premios acadados gardará gratos recordos pero con cal ou cales se quedaría e por que? Que sente unha persoa cando pasea, parrafea ou simplemente pasa por unha rúa que leva o seu nome? O premio máis importante foi a concesión da Cruz da Orden de Alfonso X El Sabio, no ano 1977, por iniciativa do Ministerio de Educación e Ciencia. Mérito que me foi outorgado con tan só 49 anos, cando o normal é a súa concesión logo de toda unha vida adicada á educación, á docencia. Ao respecto da segunda pregunta, direivos que polo antigo camiño parello á rúa que leva o meu nome en Cuntis, ía ao muíño, ás troitas, ás clases de bacharelato,… así que, cando agora paso por aquel lugar, voltan os recordos infantís e vivencias inesquecibles. 11. Outro dos xéneros que máis cultivou foi o ensaio. Que pretendeu vostede coa maior parte dos seus ensaios? Era vostede consciente ao escribir os ensaios que estaba a sacar á luz moita memoria histórica de personaxes e oficios abondo esquecidos dos seus pobos de Inauguración dunha rúa ao nacemento e “adopción”? seu nome en Cuntis. Coa edición dos ensaios buscaba en exclusiva, elevar a autoestima dos lectores galegos. Fonte: La Voz de Galicia. 12. Supoñemos que non se quererá mollar e ser “políticamente correcto” pero con todo imos preguntarllo: é Vostede de onde naceu ou de onde paceu? Nunca fun politicamente correcto, pois teño no meu currículo o feito de desertar de concelleiro de educación do Concello da Estrada antes de mediar a lexislatura. Dixo Rilke que a patria do home era a súa infancia. Non sei eu cantos anos tería Rilke cando fixo esta afirmación. Na longa costa da vida, canto máis arriba estás, máis afloran as lembranzas da infancia, pero vas quedando só pola ausencia daqueles íntimos amigos. Agora, tes outros compañeiros que comparten unha existencia común. O corazón ten catro cavidades: dúas para a infancia, dúas para a vellez. 13. Que está a escribir ou que lle queda por escribir? Hai algo que, ou sobre que, lle gustaría investigar e escribir? Na actualidade comparto investigación co secretario da Fundación Terratermarum de Castrolandín, Cuntis, Mario Touceda para compoñer unha obra de teatro sobre unha voda celta. O noso desexo é representala unha noite de plenilunio na cima do castro.miércoles 9 de enero de 2013
  • 6. Olimpio Arca 14. Foi quen de transmitir a afección por escribir, investigar… a achegados, alumnado?... Sei de alumnos que fixeron os seus “pinitos” na literatura, e abofé que a máis dun lle picou algunha vez o verme da investigación. 15. Vostede foi dos precursores do castro de Castro Landín. Agardaba daquela que este proxecto de recuperación acadase o recoñecemento actual? Era socio de “Amigos dos castros de Cuntis”. Cando empezamos as xestións para a posta en valor do castro de Castrolandín houbo que asinar documentos coa Universidade, coa Xunta de Galicia, coa Comunidade Europea e, como eu era o máis vello do grupo, nomeáronme para comezar as xestións. Agora ben, todo o traballo para acadar o resultado actual débese ao labor do secretario da Fundación, Mario Touceda. Eu fun só un testaferro. Estou plenamente satisfeito dos riscos que houbo que afrontar e da resposta favorable dos donos dos terreos e do concello de Cuntis. 16. E para rematarmos, desde a voz da súa experiencia, como albisca o futuro da nosa cultura e do noso idioma? E o da xuventude actual nestes eidos? Penso, espero, que a cultura galega seguirá unha liña ascendente. A lingua precisa dun cambio forte no pensamento dos galegos. Olimpio Arca co alumnado de Literatura Galega do s. XX no IES Manuel Garcia Barros.miércoles 9 de enero de 2013
  • 7. A R IO IO N ES T CUmiércoles 9 de enero de 2013
  • 8. Un personaxe galego e un estranxeiro? Un p erson obra Ramón Verea axe l a itera unh García e Alexander Om iden r tifiq io co qu /-a e gos? estre utor gale Fleming de S ue? e se a /ha raria súa alum no d hun sea U n ko. S ite And unh l iva es ar a esc hun lo R a nove xent ola r ko er ano la S inos ural a M obr hun ko é .Oa utor nos Jorge da Un/ha autor/-a e unha obra Ábal os literaria estranxeiros? o ment Jorge Luis Borges. Hamlet, de nu bel? Shakespeare mo tá Un lien sa de al Unha película de cine edr go cat tia A an Los chicos del coro l? Cal é S te atra a súa obra teiro insp fonte Unha ca rpin iraci ón? de is do A vida O láp cotiámiércoles 9 de enero de 2013
  • 9. Un feito histórico? Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? O voo do Plus Ultra, de A illa de Madeira e Cuntis Ramón Franco a? Un l u topí ugar Un tipo Unha axeit de músi l egos os lectu ado para Unha ca ca? O s ga se tod Om ra? a nción? ndo gua ostei Melódica resá lin exp súa ro de noite na , Unha na de S Ribas eira do t rigo il Outro entretemento ademais da literatura? ? A numismática ano Un/h l /urb ? a quen autor/- o rura taña a con ? M und /mon se id entif l izar Pr aia taña ique r rea mon No n ch ? eio po da ral e dia Ru me ego a Un anc r afía s tant f otog o…. r as a vida O rdea miñmiércoles 9 de enero de 2013

×