0
Literatura Galega                                  do Século XX e da Actualidade                               María Xosé ...
María Xosé Queizán               1.     Convivir nos seus primeiros anos de vida cos tamén primeiros anos da ditadura fran...
María Xosé Queizán            3.     Tamén vemos que xa desde xove se inmisciu no teatro desde diferentes ámbitos. Pode se...
María Xosé Queizán                6.     En todos os xéneros literarios nos que escribiu o feminismo estivo e está present...
María Xosé Queizán               10.    Que supuxo, e supón, para Vostede a súa “Festa da palabra silenciada”? E para a   ...
María Xosé Queizán               13.    Que supuxo o traballa                                            r no ensino para ...
AR IO                                    TION                               CUESmiércoles 9 de enero de 2013
a obra       Un personaxe galego e                    e unh                un estranxeiro?          Outro entretemento ade...
Un tipo                            Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?                       de músi        ...
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

María xosé queizán

154

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
154
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Transcript of " María xosé queizán"

  1. 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade María Xosé Queizán Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservadosmiércoles 9 de enero de 2013
  2. 2. María Xosé Queizán 1. Convivir nos seus primeiros anos de vida cos tamén primeiros anos da ditadura franquista que supuxo para Vostede? Como lembra aqueles anos? Que supuxeron estas experiencias xuvenís para o seu futuro persoal e literario? Como daquela non había TV nin Internet, a familia e a escola eran fundamentais como transmisión de valores. A miña familia, tanto por parte dos Queizán coma dos Vilas eran republicanos e de esquerdas. Vivía coa familia da miña nai, viúva (mataron ao meu pai a finais da guerra e eu nacín 6 meses despois), avós, tías... Eran persoas progresistas. Por exemplo: Na miña casa nunca se pechou o cuarto de baño e as mulleres saían medio espidas a vestirse ao seu cuarto. O corpo era algo normal, non era motivo de escándalo. Outro aspecto: ninguén se relacionaba con nada do Réxime, nin da Falanxe. Como tampouco fun ao Colexio, até os 9 anos, non lembro cantar o Cara al Sol e certos ritos nos que participaron persoas máis novas ca min. Vía, iso si, os desfiles militares no centro de Vigo, onde habitaba. Tamén a Cartilla de Racionamento que cumpría levala á tenda para conseguir víveres. Na miña casa comíamos pan branco porque tiñan amizade cun panadeiro. Pero a comida había que racionala. Miña nai ensinoume a ler aos catro anos, e ía da súa man lendo os letreiros pola rúa. Tiña a biblioteca do meu pai. O meu lugar preferido. Alí pasaba horas lendo indiscriminadamente, en función da miña comprensión, supoño. Así me fixen escritora. 2. De onde saíu ou como xustificaría Vostede a súa precocidade na escrita por exemplo en “El Pueblo Gallego”? Ao non ter pai, carecín de orientación. Ocorréuseme facer periodismo ao rematar o bacharelato. Fun á Escola a Madrid e por iso naquel verán estiven en contacto cos xornalistas en Vigo e fixen as miñas primeiras entrevistas. Non as conservo. Han ser malas. O que me chama a atención é que trataban sobre a situación da muller en diferentes ámbitos, legais, na condución..etc. Ver como funcionaban os xornais desencantoume do periodismo. Máis tarde comecei Filosofía e Letras e fixen Filoloxía Galego-portuguesa. O estudo da lingua, o material da escrita, é oportuno para escribir, aínda que tampouco indispensable. Fonte: Centro de Documentación da AELGmiércoles 9 de enero de 2013
  3. 3. María Xosé Queizán 3. Tamén vemos que xa desde xove se inmisciu no teatro desde diferentes ámbitos. Pode ser que vise neste xénero literario aquela ferramenta que xa os nosos devanceiros viron desde comezos do século XX ou ben que lle chamase a escena? Precisamente, a amizade que fixen cos periodistas abriunos as portas e a cesión dos locais da Asociación da Prensa de Vigo, a un grupo de afeccionados que fundamos un Teatro Experimental. Representamos alí moitas obras dos mellores dramaturgos europeos. O teatro sempre me pareceu un medio de transmisión e de comunicación importante. Máis adiante, no ano 1968, cando xa tiña unha filla e ía ter un neno, fundei o Teatro Popular Galego, na Asociación Cultural de Vigo, onde se fixo un traballo de cultura e difusión nacionalista moi importante na cidade. Representamos no Teatro García Barbón “A puta respectuosa”, de Jean Paul Sartre. Deixei de facer teatro, pero non de escribilo. Ultimamente teño varias pezas novas. 4. Tocou Vostede todos os xéneros literarios, incluso a tradución. En que eido se sentiu máis a gusto e por que? Non me sinto diferente en ningún xénero. Son os mesmos criterios e os mesmos métodos os que utilizo. Tardei en escribir poesía.( O 1º libro é do ano 92; a 1ª novela foi escrita no 62.) Non tiña moito aprecio por un xénero no que existe moita impostura e mediocridade. Tamén grandísim@s creador@s. Até que me decatei que podía facer ensaio poético, unindo a idea e o goce coas palabras. Agora sei que cada libro chega co seu xénero debaixo do brazo. Non podo explicalo ben. Segundo se incida nas personaxes, nas descripcións, na crítica.... O artigo, estar na actualidade, tamén me comprace e únese á miña capacidade de síntese. Mágoa Fonte: Femenistas Independentistas Galegas que non me permitan escribir nos xornais onde o fixen durante anos. A censura existe. Eu son vítima dela. A democracia é unha palabra oca. 5. O eixe temático máis importante para Vostede semella ser o feminismo. De onde cre que se xerou este compromiso seu? Foron circunstancias ou ben a realidade o que provocou este seu compromiso? Os meus ensaios son, maioritariamente, feministas. A narrativa, teatro ou poesía, pode non ter temática feminista, senón que están escritas por unha feminista. Non se é feminista a ratos. O pensamento e os criterios forman parte das persoas. A defensa da igualdade entre @s human@s, unha idea ilustrada que cambiou o mundo desde finais do s.XVIII, paréceme indispensable. A sociedade patriarcal, como a racista resúltanme insoportables. E loito contra as inxustizas cos elementos que manexo.miércoles 9 de enero de 2013
  4. 4. María Xosé Queizán 6. En todos os xéneros literarios nos que escribiu o feminismo estivo e está presente, pero cal cre que é máis funcional para poder chegar ao receptor literario? A funcionalidade depende da recepción e esta depende da cultura. Hoxe as páxinas www ou os blogs son un medio importante. Pero, como sempre ocorre, por un lado, cada persoa fai as súas interpretacións, por outro, a propaganda a favor do machismo e da aceptación das mulleres do seu rol, sexual e social, é moi grande. Con tesón e con anos creo que fun deixando pegadas na sociedade e que certos criterios xa non alporizan tanto como outrora. Mesmo así, sigo sendo incómoda. 7. Até que punto marcou a súa literatura o seu contacto co “Nouveau Roman” francés? E nos seus coetáneos xeracionais? A Nova Narrativa galega foi moi importante daquela. Deu un xiro de 90 graos ao Canon galego e cuestionou o ruralismo. Satisfáceme ter contribuído. 8. Que chega a sentir unha escritora coma Vostede cando o seu labor literario é recoñecido con diferentes premios e incluso pola asociación máis representativa da nosa literatura (a AELG)? A pregunta debía ser que pasa cunha escritora a quen nunca se lle premiou un libro. Teño algún premio de Distinción á miña persoa, pero ningún premio literario, agás un Guión de cine, un curto, sobre a figura de Prisciliano que non se chegou a facer. Cando nova, algún premio houbérame alentado. Tiven que repoñerme soa despois de cada pao, e agora non aceptaría ningún premio. Non quero que me derramen a miña “folla de servicios”, ha ha. 9. Cando a unha loitadora coma Vostede lle conceden un premio cun nome tan representativo coma o de “Voz da Liberdade”, fai que se sinta reconfortada ou que lle aumenten os devezos para seguir a loitar por esa liberdade? Ese foi un recoñecemento do PEN club, xunto á concesión do E, da AELG, dos que falaba antes.Tamén un libro de Homenaxe que organizaron persoas da Universidade de Vigo e publicou a Editorial Xerais. Son agasallos que agradezo. A Voz da Liberdade, humildemente creo que me acae. É un leit motiv.miércoles 9 de enero de 2013
  5. 5. María Xosé Queizán 10. Que supuxo, e supón, para Vostede a súa “Festa da palabra silenciada”? E para a nosa literatura? A Festa da Palabra, da que vai saír xa o nº 28, foi un reto e unha ansia durante moitos anos. Ninguén falaba dela hai anos, cando citaba revistas galegas; hoxe é recoñecida como unha gran revista e tamén é das poucas publicacións en galego que van quedando. Non só para a literatura, senón para o pensamento e o cerne do país é fundamental. Un percorrido pola historia das mulleres, pola ciencia, polos fundamentos de feminismo, pola cultura galega desde o ano 1983 que chega en galego a universidades ben distantes. 11. Que supuxo e supón Rosalía de Castro para as escritoras que loitan porque a voz feminina se faga escoitar nas nosas letras? Fonte: Cruz do Sur Que na literatura galega haxa unha nai e non un pai, como na maioría, é determinante. Por moito que, durante moitos anos intentaron mitificar e mistificar esa nai e falsear a súa obra, as feministas, e a Festa da Palabra desde o 2º nº no ano 1985, sacámola da caverna idealista santa, folclórica, maternal, onde a meteran. No nº 26, Actualizar a Rosalía, do ano 2010, volvemos a ocuparnos da nosa gran figura literaria. Unha guía permanente. Fonte: Femenistas Independentistas Galegas 12. Sabemos da súa paixón pola interacción entre ciencias e letras, entre ciencias e literatura… Que nos podería dicir encol desta interacción? A separación de ciencias e humanidades é falsa. Non hai nada máis humano que a ciencia e as aplicacións tecnolóxicas que conseguiron o avance da humanidade e a mellora da vida, do benestar, da saúde, das relacións, da comunicación. A ciencia ocúpase de explicar como funciona o universo ou os corpos d@s seres que o habitan. A evolución, en cada momento histórico médese polas industrias ás que teñen acceso e os artefactos que manexan. Determina o proceso de humanización e de pensamento. Mellora a vida e non orixina racismo nin odio. Tentei sempre eliminar a inxusta dicotomía entre ciencias e humanidades e concluír que o método científico serve para calquera tema, xa sexa social, político, filosófico, literario. Para todo é preciso un proxecto racional.miércoles 9 de enero de 2013
  6. 6. María Xosé Queizán 13. Que supuxo o traballa r no ensino para Vost ensino”? ede? Tomouse Vosted e como referente no seu ensaio titulado “A Escribir é comunicarse. muller galega no Teño un verdadeiro entu que a xente primitiva se siasmo pola transmisión puxo de pé e coas mans cultural, por esa roda im Dar aulas, conferencias fixo evolucionar o cere parable que fai xirar o , publicar, forma parte bro. O ensino e a escrita mundo desde da mesma actividade. forman parte do mesmo cometido. Fonte: Foto recente realizada por Anxo Cabada a a presenz cisam ente nela cando pre G trar na RA n uncia a en ola súa re rticipo na s lle p reguntar p posición? e Vigo. Pa ctos moi de os deixar e xustificar a súa Concello d e rm os, n on podem se pod c ial da Lingua do ción, en certos asp radical ra remata ría. Como onsello So a Institu ticamente mbios 1 4 . E pa está m oi en mino uller e no C delo. A RAG é unh racionalista e poli ca feminina cipal da M quero per e unha feminista ecesarios sello Muni n nto nos n aron e o, no Con pouco tempo e no pensaron qu rensión, ta , do que nos afast o feminism o la de incomp tico común sto u activa n urais do país. Teñ on para entrar ne ía contra un muro lingüís Escribo, e inistas e cult ropuxer chocar ai do tronco m e me p Sei que a como n accións fe . Se as persoas qu ban equivocadas. gua galeg reacciona ria a, esta ión da lin ios. p odía influír nel re lativo á concepc ían os meus criter coma min como no a aceptar d a lingua, perar. Na RAG nunc xenéricos s para recu mo nada fixemiércoles 9 de enero de 2013
  7. 7. AR IO TION CUESmiércoles 9 de enero de 2013
  8. 8. a obra Un personaxe galego e e unh un estranxeiro? Outro entretemento ademais da r/-a egos? a auto gal A protagonista de O literatura? n/h teraria U l i ova s de encaixe roto de Emilia Cine - Conversar e beber viño coas amizades. sN olla de Cas tro. Pardo Bazán. F alía Un p erson Ros axe l itera Unh iden r ? a pel tifiq io co qu b ano A ca ícula Mar ue? e se l/ur ? ixa d de ci yW rura taña ne? ollst ndo mon Mu aia/ e mú onec za para Costa sica raft Pr na ture saxe. Gavr de a A no. ar. A pa i as Urb empl cont a obra Unha obr a teatral? unh s? /-a e xeiro Esperand utor tran ar o a Godot ha a a es Un/ erari rcen Samuel , de lit You Beckett gue rite Un monumento salientábel? M ar A Ilustración.miércoles 9 de enero de 2013
  9. 9. Un tipo Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? de músi Unha ca ca? nción? A fin do mundo. Sur de Chile e de Arxentina. Para A músic descansar, a casa. a negra yanki. C ancións Un feito histórico? Moitas : topí a ? u Unha A Revolución opí on as s zados A s ut s avan zar. zar? Francesa ento patenti eali am pens e poden nseguir eio por r , s o que tes de c avance . s anc no mas e An los, os s U n autó do firm Un/h a ut opía s aliz s foron llere pisan mu das s a quen autor/- re as q ue a man o Ver , cómo aballos s do se id a con hu ras tr da . entif s egu lizando Afasta alidade Non ique . e rea pracen a anim teño ? con p iden com smo e d ersoa tif li s. Só icacións na tura pens an o co qu Cal é a súa fonte de inspiración? u fan e . Non acredito na inspiración. Nada hai Un lugar axeitado para a lectura? fóra de nós que nos asubíe o que imos escribir. Todo parte do noso cerebro, da Calquera. Mellor coas costas rectas enorme bagaxe que temos acumulada e con boa luz. nel e do traballo que fagamos con iso.miércoles 9 de enero de 2013
  1. A particular slide catching your eye?

    Clipping is a handy way to collect important slides you want to go back to later.

×