Manuel RivasEntrevistaIES Manuel García BarrosA EstradaLiteratura Galegado Século XX e da ActualidadeTexto: © Cc-by-sa-3.0...
Moito. O territorio da infancia é a primeira cartografía. O andar da literatura arrinca nese primeiro chan. Logo, como o a...
Fixen unha obra, “O heroe”, e teño outras cousas na cabeza esperando a que leveden. Hai que darlle tempo ao tempo.Domingo ...
Sempre hai un azar, unha especie de faísca. Como a luz dun misto na escuridade.Domingo Villar7. Cal é a orixe, o nacemento...
Domingo Villar10. É “As voces baixas” unha débeda co seu pasado, con aquelas “circunstancias” ás que aludiamos ao comezo, ...
14. E para rematarmos, que lle pasa pola cabeza cando ve escrito ou oe queé Vostede “A voz máis sobresaliente da literatur...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Manuel rivas

294 views
239 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
294
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
52
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Manuel rivas

  1. 1. Manuel RivasEntrevistaIES Manuel García BarrosA EstradaLiteratura Galegado Século XX e da ActualidadeTexto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservadosmartes 14 de mayo de 2013
  2. 2. Moito. O territorio da infancia é a primeira cartografía. O andar da literatura arrinca nese primeiro chan. Logo, como o afiador,vai detrás da roda da vida, ao tempo que a empurra.Manuel Rivas1. As súas primeiras andainas foron por un barrio da Coruña así coma tamén os seus primeiros vieiros a seguir (influxos de pai e naide procurar un traballo no que se mollar ou non) até que punto estas circunstancias marcaron o seu futuro persoal e literario?2. Tanto marcou a aquel xove a súa experiencia xornalística de comezos dos 70 para realizar a carreira de Ciencias daInformación e a súa futura actividade tamén xornalística? Que quería expresar Vostede co título dun seu ensaio titulado “Oxornalismo é un conto”?Pensei en traballar nun xornal porque era o único xeito de chegar a ser xornalista, que era a porta para ser escritor. O meu soñoera ser escritor. Pero tamén era realista: tiña que gañarme a vida cun traballo e o máis semellante era ser xornalista. En Galicianon había daquela facultade de Ciencias da Información nin nada parecido. O feito de traballar nun xornal no tempo debacharelato, o Ideal Gallego, permitiume despois ir á universidade e compatibilizar estudo e traballo, pois enviaba case a diariocrónicas dende Madrid, nun tempo ademais apaixonante, como foi a fin da ditadura e o comezo da transición.O título de “O xornalismo é un conto” ten un dobre sentido. Por unha banda, a idea de que o xornalismo tamén é literatura, unhapóla da literatura. E por outra banda, é un xogo irónico: non sempre o que se conta é verdade.3. Como podería Vostede xustificar que o primeiro xénero literario no que se inmisciu fose a lírica? A pesar de non abandonareste xénero xamais, que foi o que o inclinou máis cara á narrativa?Non, nunca deixei a poesía. Pero ademais, toda escrita, tamén a narrativa, ten de ser poética. É un traballo de todos os sentidosinteriores e exteriores.martes 14 de mayo de 2013
  3. 3. Fixen unha obra, “O heroe”, e teño outras cousas na cabeza esperando a que leveden. Hai que darlle tempo ao tempo.Domingo Villar4. Vendo a súa desenvoltura narrativa, choca que apenas tocase o xénero dramático. Como podería xustificar este feito?5. Tan inxusta poderiamos cualificar esta nosa sociedade para que unha persoacoma Vostede (Socio fundador de Greenpeace en España, persoa do máisrelevante no movemento de “Nunca Máis”...) teña que ser recoñecido nesteámbito de compromiso social en Bélxica por “Amnistía Internacional”? Tanto seterá que normalizar esta nosa sociedade para que casos coma o seu, o do xuízGarzón e outros moitos deixen de ser realidades?Hai que facer as cousas, e abrazar causas, sen agardar honras nin recoñecementos,senón por decencia cotiá.6. Desde moi xove comezou Vostede a se facer acredor de premios e máis premios, recoñecementos literarios... Que supón paraun escritor esta circunstancia? Incentiva ou impón por mor de se ter que superar un?A verdade é que agás algún, como o primeiro premio de poesía do Facho, aló na mocidade, e o Torrente Ballester, os demaisforon premios aos que non me presentei, como os premios da Crítica ou das asociacións de Escritores, Editores ou Libreiros. Eestou dobremente agradecido porque, por así dicilo, caen do ceo como anxos.Manuel Rivasmartes 14 de mayo de 2013
  4. 4. Sempre hai un azar, unha especie de faísca. Como a luz dun misto na escuridade.Domingo Villar7. Cal é a orixe, o nacemento dunha súa novela? Como se elixe un tema? E unha técnica narrativa a empregar nesa futura novela?8. A súa narrativa vai un pouco da man do cinema. Cal pode ser a circunstancia de que unha novela sexa apta para levar ágrande pantalla? Cando Vostede agora está a escribir pásalle pola cabeza esa posíbel probabilidade de que se vexa en cine?Non se sabe. Cando escribo vexo moitas veces en imaxes o que conto, mais iso non significa que pense nun filme. Con algunhaexcepción, os casos en que se levaron obras miñas ao cinema foi escolla dos directores.9. Temos entendido que orixinariamente “Todo é silencio” foi unguión cinematográfico e que a novela veu despois. Como xurdiuneste caso a idea de confeccionar unha novela con aquela base?O proceso foi máis complexo. Cando me falaron de facer un guión e euestaba a traballar nunha novela, que é a primeira parte de “Todo ésilencio”. Ao primeiro dixen que non, pero a idea do guión andababulindo na cabeza como un desafío. Fixen un “primeiro” guión, unborrador, que non me satisfixo. E decidín acabar a novela para poderfacer o guión definitivo. Aí xa me sentín máis a gusto.Manuel Rivasmartes 14 de mayo de 2013
  5. 5. Domingo Villar10. É “As voces baixas” unha débeda co seu pasado, con aquelas “circunstancias” ás que aludiamos ao comezo, a súa memoriahistórica? Que nos podería comentar do tan traído tema da Memoria histórica?É unha mestura de memoria íntima, persoal, e o que podemos chamar memoria colectiva.Todo é memoria histórica. Mesmo os silencios e os esquecementos forman parte damemoria. O lembrar a historia do teu país non é unha obsesión co pasado, senón un xeitode curar as sombras e poder enfrontar o futuro coa ollada limpa.11. Que supuxo para Vostede, aquel neno nacido en Montealto, ser investido “DoctorHonoris Causa” pola Universidade da cidade de nacemento?12. Como membro da RAG, que nos podería comentar da situación que vemos está a pasar esta insigne institución do noso país?Que tería que ocorrer para que fose valorada na súa xusta medida polo que representou e representa para Galiza?Por unha banda, un agasallo no que nunca pensara. Por outra, un compromiso, unha obriga para facelo mellor.A Academia Galega creouse dende abaixo, dende a base intelectual e comprometida do seu tempo, mesmo co apoio de sectores daemigración en América. O seu obxectivo principal, o ilustrar, promover e defender a lingua galega, segue en pleno vigor. Esa é aúnica cuestión pola que debería ser noticia a Academia Galega. O que hai que facer é traballar unidos nese rumbo.Manuel Rivasmartes 14 de mayo de 2013
  6. 6. 14. E para rematarmos, que lle pasa pola cabeza cando ve escrito ou oe queé Vostede “A voz máis sobresaliente da literatura contemporáneamundial”?Domingo VillarA min o que preocupa é o que estou a escribir. Cada obra é recomezar.Estás espido, só... Como a primeira vez.13. A súa obra posibelmente sexa das máis traducidas a outros idiomas. Que supón este feito para a nosa literatura? Habería quepotenciar desde as institucións este feito para universalizala de vez?Como fan as administracións dos países máis adiantados e respectuosos co patrimonio e a creación cultural, o que tiñan que faceras institucións é potenciar Galicia como un hábitat cultural, en vez de malgastar os recursos. Por exemplo, dar máis axudas átradución. Pero o mellor xeito de que Galicia teña máis proxección no mundo é que se desenvolva no seu interior: máisbibliotecas por toda a xeografía, máis programas culturais, apoio a editoriais, máis becas para a xente moza.... Se fixeramos deGalicia un país modélico, xa non faría falta propaganda: Xa nos coñecerían por todo o mundo adiante!Manuel RivasGrazas pola vosa paciencia.martes 14 de mayo de 2013

×