Manuel Álvarez Fuentes
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto...
O primeiro goberno de Batista comezou o 10 de Outubro do ano 1940 e durou até o 10 de Outubro de 1944; cando acabou o seu
...
2. Naceu Vostede en Cuba, mais en Vostede corría sangue galego. En que momento da súa vida emerxeu a súa paixón pola terra...
Tamén eu estaba moi integrado na Revolución como combatente, militante e fundador do Partido, diplomático, chefe económico...
3. O feito de realizar os seus primeiros estudos no Colexio “La Empresa”, un centro de arraigada tradición mambisa, supuxo...
O Movemento “26 de Xullo” non era un partido totalmente definido e nel militaban persoas de distintas ideoloxías, estaba d...
5. Con dezaoito anos xa era Vostede un loitador estudantil e tamén tivo que convivir xa coas detencións e incluso coa mort...
6. Foi Vostede un poeta precoz (o seu primeiro poema foi con 16 anos), pero o primeiro poema en galego tivo que agardar at...
Domingo Villar
8. Que imaxe e que lembranzas ten Vostede a cerca dos grandes líderes da Revolución Cubana, como foron Fide...
9. Cando, e por que, comezaron a saír da súa pluma poemas de temática de loita, especialmente aqueles que apareceron na sú...
Domingo Villar
10. Os seus primeiros poemas foron publicados na revista revolucionaria “Verde Olivo”, unha revista con mái...
A primeira edición do libro de O canto da nosa terra é só en galego. E os tres primeiros poemas que escribín en galego pub...
12. A súa última obra publicada (Con todos e para o ben de todos) está dedicada ao 160 aniversario do nacemento de José Ma...
14. Que lles podería dicir Vostede a aquelas escritoras e a aqueles escritores nados en Galiza e que se dedican á literatu...
CUESTIONARIO
Retrato de Manuel Álvarez Fuentes realizado por:
Andrea Rodríguez Eiras, alumna do MGB
martes 20 de mayo de 2...
Breogán na Coruña.
Un monumento salientábel?
Rosalía de Castro-
Cantares Gallegos.
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria ga...
Coñecer persoalmente a
Xosé Neira Vilas.Un anceio por realizar? Urbano-praia.
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Galiza-Va...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Manuel Álvarez Fuentes

303 views
257 views

Published on

Entrevista feita polos alumnos de Literatura Galega do século XX e da actualidade a Manuel Álvarez Fuentes.

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
303
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
82
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Manuel Álvarez Fuentes

  1. 1. Manuel Álvarez Fuentes Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Manuel Álvarez Fuentes naceu na Habana (Cuba) no ano 1939. Descendente de emigrantes galegos, participou desde moi xove no movemento estudantil e revolucionario formando parte do “Movimiento 26 de Julio” antes mesmo da vitoria da Revolución Cubana sufrindo prisión xa pola ditadura batistiana. O seu primeiro poema será xa do ano 1955. Publicou tres obras poéticas: Eu teño dúas patrias (2011), O canto da nosa Terra (2012) e Con todos e para ben de todos. As tres obras posúen poemas en galego e en castelán. martes 20 de mayo de 2014
  2. 2. O primeiro goberno de Batista comezou o 10 de Outubro do ano 1940 e durou até o 10 de Outubro de 1944; cando acabou o seu mandato aínda non cumprira os 5 anos de idade; véñome a decatar da súa existencia cando dá o golpe de estado o 10 de Marzo de 1952 cando aínda non cumprira os 13 anos; lembro que o meu pai, que era un galego coruñés, zapateiro remendón de oficio, preocupouse por aquela ruptura da legalidade burguesa e porque xa coñecía a Batista e sabía dos seus crimes, en particular do asasinato de Antonio Guiteras e Carlos Aponte no Morrillo en 1935. E foi verdadeira a súa preocupación. Neste goberno de Batista foille moi mal na súa situación económica. Cando chegou a Cuba no ano 1917 pasou moito traballo, chegou de polisón, escondido nun barco, sen documentos legais, tería uns 17 anos e tivo que cortar cana e outros traballos até que logrou pór un pequeno negocio de reparación de calzado e durante o goberno de Ramón Grau San Martín, onde houbo certa abundancia económica, eu fun a escolas católicas que eran das máis caras e tiven unha nenez feliz con xoguetes, etc. Puido fabricar unha casa, co cal converteuse en propietario dun negocio e unha vivenda polo que tivo que facerse cidadán cubano e renunciar á súa cidadanía española. Tanto foi de má a situación durante este goberno de Batista que o meu pai tivo que vender a súa zapataría a outro galego que se chamaba ou dicianlle Magín, tratou de pór unha zapataría na casa pero os poucos traballos que fixo non daban para pagar os impostos e tivo que ir traballar de empregado do galego que lle mercara a zapataría onde xa tiña unha clientela, para sobrevivir tivo que hipotecar a casa e estivo a punto de a perder pois non reunira os 2000.00 pesos que neses tempos eran dous mil dólares para devolver o capital e grazas á Revolución que cancelou as hipotecas non a perdeu. A miña vida durante estes tempos de Batista foi dura, tiven que facer traballos de limpar o piso nunha tenda de roupa, repartir roupa nunha tinturería, repartir revistas americanas, etc. A pesar diso seguín os meus estudos pero xa tendo que axudar á economía familiar. Se a isto engadimos os atropelos á mocidade que protestaba e os crimes que chegaron a 20 mil cubanos que morreron nesta loita, entre eles algúns achegados meus, compañeiros meus, pero sobre todo Fulgencio Oroz que era o Chefe da Sección Estudiantil da Mocidade Socialista á cal eu pertencía pola Escola de Comercio onde estudaba, cuxo cadáver nunca apareceu, se cadra o lanzaron ao mar ou quen sabe que fixeron con el, impactoume moi forte pois máis que un compañeiro de loita era un amigo. Manuel Álvarez Fuentes 1. Ao pouco do seu nacemento xa na historia de Cuba apareceu un personaxe chamado Fulgencio Batista, co cal se volvería Vostede a encontrar aos 13 anos e ao que tivo que sufrir nos seus anos de xuventude e de loita estudantil. Até que punto este personaxe marcou o seu pensamento e o seu percorrer vital? martes 20 de mayo de 2014
  3. 3. 2. Naceu Vostede en Cuba, mais en Vostede corría sangue galego. En que momento da súa vida emerxeu a súa paixón pola terra paterna? Cales foron realmente os motivos que provocaron esta simbiose con Galiza, coa súa cultura, literatura, lingua?... O home pensa como vive e non vive como pensa. Un non nace cunhas ideas determinadas; o medio que nos rodea é o que nos fai pensar e inflúe nas nosas ideas e ideais. Eu sentía algo por Galicia pois o meu pai era galego e o meu avó paterno tamén, eu sabía que polas miñas veas corría o sangue dos galegos e sentía que esa era a miña ascendencia, pero para as miñas ideas daquel tempo a patria dos meus devanceiros era España, sobre todo do meu avó, tamén coruñés como o meu pai, veu ó final da colonia cando se quería embranquecer á poboación temendo aos negros e non entendía porque Cuba se fixera independente de España era a “Madre Patria” e non lle gustaba que Cuba pasase de colonia española a colonia dos Estados Unidos e en parte tiña razón, os feitos demostrábanlle que Cuba pouco gañara coa independencia, só unha bandeira, un escudo e mais un himno. O meu pai chegara nos primeiros anos da república e tiña outros pensamentos, fugouse de España para que non o mandasen a unha guerra colonial en Marrocos, para el España era a miseria que lle tocou vivir en Galicia de neno labrego, case sen estudos, que falaba unha lingua que pensaba que era de campesiños brutos, pois non se aprendía en ningún lugar, amaba a súa terra galega, onde nacera, pero non se sentía español xa que non tiña nin pasaporte español. E fíxose cubano perdendo a súa cidadanía española obrigado polas leis cubanas ao ser propietario, e sentiuse cubano até a súa morte aínda que no seu pensamento tamén se sentía galego e pertencía á sociedade Naturais de Ortigueira e asistía ás súas actividades e pagaba o Hospital á Benéfica do Centro Galego, onde un día morreu e os seus ósos repousan no panteón máis grande da necrópole habaneira, o de Naturais de Ortigueira. Eu coido que o meu pai me aprendeu a ter dúas patrias, Cuba e Galicia. El non puido transmitirme sen embargo a grandeza de Galicia, nos poucos estudos que tivo en España coñecía máis da historia de España que a de Galicia. Eu nacera en Cuba e sentíame cubano e amaba esta terra e sabía das inxustizas que os gobernos españois cometeron na miña terra, o exterminio dos indios, a queima nunha fogueira do cacique Hatuey que se rebelou contra España, a escravitude dos negros que os trouxeran á forza de África e sufrían o mal trato e até a morte, a Reconcentración que fixo o gobernador Valeriano Weyler cos campesiños que nada ten que lle envexar aos campos de concentración de Hitler, un millón de cubanos morreron nestes campos de concentración de fame e de enfermidades, así como os que morreron naquela guerra que xa estaba gañada cando interviñeron os nosos “salvadores”, os norteamericanos que despoxaron a España da súa colonia para a facer de seu. Domingo VillarManuel Álvarez Fuentes martes 20 de mayo de 2014
  4. 4. Tamén eu estaba moi integrado na Revolución como combatente, militante e fundador do Partido, diplomático, chefe económico. Existiron ao principio da Revolución prexuízos cara ó español, España estaba representada polo franquismo, alá levouse Batista millóns de dólares que lle roubou ao pobo cubano, case se eliminou o Centro Galego; se non é por Neiras Vilas, que rescatou a historia dos emigrantes no Fondo Galego do Instituto de Lingüística, teríase perdido toda a bela historia daqueles emigrantes que crearon a bandeira, o himno e a Academia Galega. O meu vínculo con Galicia era só o sangue que me corría polas veas da que me sentía orgulloso e máis nada. Ao me xubilar fun pagar o recibo anual do panteón de Naturais de Ortigueira e fíxenme socio desta sociedade pola curiosidade de me achegar aos meus devanceiros, veu a recuperación da nacionalidade española que me custaría polémicas no Partido, a constitución cubana non permite a dobre cidadanía e eu era militante, cuestionouse a miña militancia no partido, pero non son home que deixo que me impoñan as cousas e con vehemencia aleguei que somos internacionalistas, que Julio Antonio Mella foi do Comité Central do Partido Mexicano e o que dixo Martí dos españois que aman a liberdade e que Patria é Humanidade, que os diferenciaba dos que cometeron os horrendos crimes como os dos 8 estudantes de medicina e en honra a ser combatente e fundador do Partido se me permitiu de forma excepcional a dobre cidadanía. Gañada esta batalla comecei a participar en varias sociedades galegas ademais de Naturais de Ortigueira, Valadouro, Ferrol e a súa Bisbarra, Pontedeume, Monterroso e Antas de Ulla, Centro Unión Ourensana da Habana. Principiei a estudar a historia de Galicia e comecei a descubrir a Galicia, non era unha simple rexión de España, non tiña como lingua un dialecto do castelán, era a lingua da Gallaecia romana que se estendeu polo mundo co nome de portuguesa, era a terra onde un rei coruñés conquistou Irlanda, que non sempre foi unha terra atrasada e tivo o seu esplendor na idade media, sendo unha lingua de reis e poetas, onde a metade da poboación tivo que emigrar pola miseria e as guerras que non eran súas. Comecei primeiro a ampliar o meu coñecemento de catro ou cinco palabras que me dixo o meu pai, que por curiosidade lle preguntei e no ano 2005 unha profesora galega, Arantxa Fernández, deunos dous breves cursos e comecei a ler canto libro en galego puiden conseguir, cheguei a coñecer a grandeza da patria dos meus devanceiros, e que agora Galiza era a miña patria por sentimento e pola lei, e a que transmitín aos meus fillos, netos e bisnetos. E os meus poemas que non poden deixar de ser tamén en castelán pois os meus coterráneos non os entenderían, pero xa se converteron en versións dun poema orixinal feito en galego e os recito en galego, enténdanme ou non me entendan, o lume que poño nas miñas palabras emociónanos e aplauden. Isto probeino nunha actividade nun barrio popular da Habana e cunha grande poboación negra que nada ten que ver co Centro Galego, recitei “Obama, dáme os cinco”, non sei se o entenderon, pero apañaron a mensaxe e demostrouno os seus calorosos aplausos, acto que saíu polo noticiario televisivo desa noite. Domingo VillarManuel Álvarez Fuentes martes 20 de mayo de 2014
  5. 5. 3. O feito de realizar os seus primeiros estudos no Colexio “La Empresa”, un centro de arraigada tradición mambisa, supuxo para Vostede o seu compromiso coa liberdade e co nacionalismo cubano? Este colexio fundouse na loita pola independencia para aprender aos cubanos baixo o princípio martiano de “ser cultos para ser libres”. O seu director, o Dr. Fernández, era moi recto e había alá unha disciplina case militar e falábanos dos temas patrióticos con moita vehemencia, alá coñecín as ideas de Martí, Maceo, Carlos Manuel de Céspedes, o “Padre de la Patria” e outros patriotas insignes e deume unha formación patriótica que foron fundamento despois das ideas revolucionarias. Debo dicir que nos colexios de monxas que estiven nos meus anos escolares primeiros (Santa María dos Anxos e nos Maristas de cregos), saquei tamén un ensino, aprendín que Cristo amaba aos humildes e que primeiro entraría un camelo polo ollo dunha agulla que un rico no reino dos ceos. E isto vino claro cando o pai superior lle dixo á miña nai (que estudara en colexios de monxas e que era moi católica) que non podían facer unha rebaixa no pago do colexio e tiven que ir á escola pública, pois xa o meu pai non nos podía pagar esta escola pola situación económica na que miña nai tivo que traballar de doméstica na casa dun médico e mesmo eu tiven que axudar á economía familiar. A formación das miñas ideas completouse cando escoitei as ideas daquel galego que mercara a zapataría do meu pai e que despois o empregara, e escoitei falar por primeira vez do socialismo e en 1957 xunto a dous compañeiros, Osvaldo Ortega e Guillermo Merino, fundamos na Escola de Comercio un Comité da Mocidade Socialista e sufrimos a incomprensión de moitos compañeiros influídos pola propaganda que se facía naqueles tempos, pero tivemos fe e uns anos máis tarde no día do enterro das víctimas do preludio da agresión de Praia Girón, Fidel proclamaría o carácter socialista da Revolución. Domingo VillarManuel Álvarez Fuentes martes 20 de mayo de 2014
  6. 6. O Movemento “26 de Xullo” non era un partido totalmente definido e nel militaban persoas de distintas ideoloxías, estaba definido que o autor intelectual desta loita era José Martí home de ideas moi avanzadas que aínda a máis de 100 anos da súa caída en combate as súas ideas teñen plena vixencia e tíñase claro pola “Historia Absolverame” o alegato de Fidel no xuízo polo asalto aos cuarteis Moncada e Carlos Manuel de Céspedes o carácter avanzado da revolución nacional liberadora e antiimperialista, pero moitos que loitaron nesta loita tiñan ideas que chocarían coa revolución e pasaríanse ao bando dos seus inimigos, moitos burgueses adiñeirados cooperaron coa Revolución nos seus inicios até que Fidel dixo: ”esta é unha revolución dos humildes, polos humildes e para os humildes” e cando declarou o seu carácter socialista. O Triunfo da Revolución foi un momento moi importante na miña vida pois comprendín que ía polo camiño correcto e hoxe estas ideas estendéronse por todo o continente e xa non é Cuba soa; quén ía pensar que esta pequena illa que resistiu por máis de 50 anos o bloqueo da potencia máis poderosa do mundo e que se ficou soa coa caída da Unión Soviética ía ter a presidencia pro- tempore dunha Unión Latinoamericana e do Caribe de Estados. É innegábel que estes anos desgastáronnos polo sacrificio que isto supuxo para o noso pobo e moitos rapaces, entre eles os meus fillos, emigraron en procura de melloras económicas, pero son persoas preparadas con niveis superiores de estudos, non poden negar que neles corre o sangue dos galegos e dos celtas que non poden ver quedos o mar. Pero a humanidade non permitirá que este xenocidio que fixo Estados Unidos co noso pobo continúe e un día cesará. A pesar diso en Cuba non faltou o traballo, a educación e a atención médica gratuíta, a seguranza social e axudamos con médicos, mestres, e outras disciplinas a decenas de países en tódolos continentes, somos pobres pero cun capital humano enorme. Esta é a grandeza desta Revolución, non somos ricos pero non hai persoas desamparadas nin famentas, nin faltas de atención médica, aínda que haxa quen trate de pintar aos estranxeiros situacións de extrema pobreza e desamparo para lle pedir cartos. En todo este proceso revolucionario endexamais foron agredidos manifestantes pola policía , nin desapareceron persoas como acontecía antes e as cadeas son abertas con plans de reeducación como pensaba a nosa Concepción Arenal, a pesar das mentiras que fabrican os nosos veciños do norte que teñen nas súas mans os medios de divulgación mundiais. A declaración do carácter socialista da Revolución en abril de 1961 foi outro momento importante na miña vida que veu a me dar a razón do paso que dei en 1957 ao abrazar a causa do socialismo. Para min a Revolución non significou ningún enriquecemento como hai quen se corrompeu neste proceso, foi a posibilidade de acadar un título universitario e ter onde desenvolver a miña profesión de economista, educar aos meus fillos e netos e sempre estiven nos lugares de maior sacrificio cumprindo as tarefas que me foron asignadas. Domingo Villar 4. Que lembranzas máis profundas ten daqueles anos 58, 59... co triunfo da revolución? Que supuxo para Vostede, un militante moi activo do “Movimiento 26 de Julio”, este triunfo e o derrocamento do ditador Batista? Manuel Álvarez Fuentes martes 20 de mayo de 2014
  7. 7. 5. Con dezaoito anos xa era Vostede un loitador estudantil e tamén tivo que convivir xa coas detencións e incluso coa morte dalgún correlixionario, como Fulgencio Oroz. Que supuxo para o seu futuro esta formación socio-política? O 24 de Xullo de 1957 declareime xunto con outros tres compañeiros do “26 de Xullo” en folga de fame en solidariedade cos presos políticos do Castelo do Príncipe, suceso que foi recollido polos xornais, a radio e a televisión daquela época; non foi asaltar o Moncada, pero foi un aceno de rebeldia duns rapaces que ese día chamaron á conciencia da mocidade dos crimes e atropelos que se cometían na nosa patria, fomos detidos, pero ao final decidiron soltarnos pois transcendera a todo o país e tal vez internacionalmente, pero xa nos tiñan na mira pola nosa ousadía e tivemos que pasar á clandestinidade, pois moitos rapaces aparecían mortos nunha rúa ou en calquera lugar e non se sabía quen os matara. O caso de Fulgencio Oroz sábese que foi detido e no lugar da súa detención hai un busto del cunha placa, pero nunca apareceu o seu cadáver ou os seus restos. Como xa lles dixen ao principio era máis que un compañeiro, era o meu amigo, por iso a Mocidade decide mandarme ao fronte armado e incorpórome ao Exército Rebelde xa que a miña vida se achaba en perigo na Habana, isto aconteceu xa nos últimos momentos da Tirania que xa se derruía ante o avance victorioso de Camilo e o Che onde foi decisiva a batalla de Santa Clara e o descarrilamento do tren blindado que levaba reforzos e armas ao Oriente do país onde se achaba Fidel. En realidade fun un mozo soñador, que puxo en perigo a súa vida en manifestacións, accións de sabotaxe, toma de autobuses e a escola, acadar armas que había que sacálas aos esbirros, folgas e enfrontamentos coa policía onde caeron compañeiros, venda de bonos para acadar cartos para a loita, accións de propaganda revolucionaria, recitando poesías revolucionarias en actos estudiantis, etc. pero houberon moitos heroes que deron a súa vida nesta loita cos cales coido que non nos podemos comparar. Domingo VillarManuel Álvarez Fuentes martes 20 de mayo de 2014
  8. 8. 6. Foi Vostede un poeta precoz (o seu primeiro poema foi con 16 anos), pero o primeiro poema en galego tivo que agardar até os setenta anos para saír da súa pluma, a pesar do seu fondo compromiso. Como se podería xustificar esta tardanza? É verdade, quixese ter descuberta a Galicia desde a miña idade temperá, pero o meu pai e avó pensaban que Galicia era unha rexión de España simplemente, e o galego un dialecto do castelán falado por campesiños ignorantes con moi pouca escola e en castelán, o galego que falaban non é mesmo o que agora é o galego normalizado. A cultura para eles era en castelán, onde podían ler algo, coñecer algo. Isto foi o que me transmitiron, tarde descubrín a Galiza, pero din que máis vale tarde que nunca. O galego salvo na época da república que durou pouco tempo non se fixo oficial e só desde 1978 é oficial xunto co castelán. Mesmo os libros que caeron nas miñas mans, incluso os da nosa excelsa Rosalía non son do galego culto que hoxe temos. Os heroicos esforzos dos nosos poetas e intelectuais galegos non se viron coroados até os nosos días e aínda a loita continúa, mentres non sexa a língua única de Galicia e só sería posíbel na miña modesta opinión dunha maneira que aprendemos os cubanos dos mambises e dos barbudos da Serra Maestra. Eu son un namorado desta lingua dos nosos devanceiros e trato de a aprender aos poucos que a queren aprender e transmítoa nos meus poemas. Tal vez as futuras xeracións fagan realidade os soños de Rosalía e de Curros Enríquez, agora só nos fica loitar por ela. Sexan vostedes os que leven á victoria á nosa língua! En Cuba neses tempos existía unha revista satírica que se chamaba Zig-zag, eu quixen facer cos meus modestos recursos algo semellante e chameina “A Erupción Volcánica” un título estremecedor e embaixo dicía “ o Zig-Zag da EPCH.” Tirabámola a mimeógrafo que era o que tiñamos a man naquel tempo e alá usando a sátira e o humor diciamos as cousas que estaban a pasar no país e mesturabámolas con cousas estudantís e xuvenís, pois non era unha revista clandestina e entre col e col metiamos unha leituga, como di o refrán; tiñamos un caricaturista e debuxante que lle dabamos as ideas, claro cando máis inspirados estabamos clausuráronnola con ameazas de nos expulsar da escola porque xa nos estabamos a pasar de rosca como se di e foi motivo de protestas, de todas formas xa non a podiamos seguir facendo pois tomamos a escola e lanzamos unha folga até tanto caese a tiranía que foi secundada pola maioría do alumnado da escola, só uns poucos que eran apáticos ou estaban co réxime seguiron estudando. 7. Que nos podería contar da súa estadía como Director da revista “La erupción volcánica”, aquela revista satírica anti-batistiana? Con que atrancos tivo que loitar chegados desde a ditadura imperante? Domingo VillarManuel Álvarez Fuentes martes 20 de mayo de 2014
  9. 9. Domingo Villar 8. Que imaxe e que lembranzas ten Vostede a cerca dos grandes líderes da Revolución Cubana, como foron Fidel Castro, Che Guevara ou mesmo Camilo Cienfuegos, os chamados “barbudos”? Co que máis preto estiven foi de Camilo Cienfuegos, mesmo estiven baixo as ordes do JEMER (Chefe do Estado Maior do Exército Rebelde) que era Camilo até a súa desaparición física. Teño un carné que me deron nos primeiros tempos da Revolución triunfante que sinala isto. Neses tempos traballaba nun organismo creado polo propio Camilo que se chamou o CIDIAR, (Centro de Investigación de Denuncias dos Institutos Armados Revolucionarios), cuxa función era investigar as denuncias contra membros do Exército Rebelde que se incorporaron ao mesmo para se librar de feitos delictivos ou tivesen condutas indecorosas ou que tivesen cometido crimes no Exército de Batista e formasen parte do novo exército, para manter a pureza deste novo exército que Camilo chamou “o pobo uniformado”. Camilo era o típico cubano “jaranero“ e risoño, tamén fillo de españois e da mesma barriada onde nacín, pero maior ca min, un home dun valor sen límites que chamaron “O señor da vangarda” porque ía ao fronte no combate e tamén o “Heroe de Yaguajay”, cidade que liberou e que axudou á vitoria do Che en Santa Clara. A miñas relacións máis directas foron co seu irmán Osmany que foi o seu Axudante no Estado Maior e foi o quen nos levou as armas cando a Folga do 9 de abril a unha casa onde estabamos acuartelados na barriada habaneira do Cerro formando parte dos grupos de autodefensa obreira do Partido Socialista Popular. Ó Che coñecino pero non traballei directamente con el, era máis serio, vino en actividades do exército primeiro e despois na vida civil no desenvolvemento de actividades económicas. Aos actos onde estivo o noso Comandante en Chefe só faltei nos anos que estiven no servicio exterior, traballando na Embaixada de Cuba en Checoslovaquia ou no estudo de mercado que realicei en Canadá, pero el seguro non me coñeceu entre os moitos que escoitabamos as súas palabras. Unha vez estiven preto del nunha recepción na embaixada de Checoslovaquia, pero eu era un dos tantos que admirabamos a aquel fillo de galego que Cuba o seguiu cunha paixón revolucionaria durante moitos anos. Manuel Álvarez Fuentes martes 20 de mayo de 2014
  10. 10. 9. Cando, e por que, comezaron a saír da súa pluma poemas de temática de loita, especialmente aqueles que apareceron na súa primeira obra titulada Eu teño dúas patrias? Os meus poemas daquel tempo eran de carácter patriótico primeiro e despois revolucionarios, moitos publiqueinos en revistas estudantís e recitábanos en actividades estudantís que se daban con motivo dunha data patria ou de algún acontecemento que impactaba nese momento. No libro Eu teño dúas Patrias fixen unha escolma do que considerei mellor. Foron escritos entre os anos 1955 e 1958, apareceron nas revistas estudantís: “Esproco” da Asociación de Alumnos que se facía en prelo en papel cromado, e en revistas como “A Rosa Branca”, cuxo director foi Pedro Ortíz Anaya que foi compañeiro noso, un home valente que alcanzou os graos de tenente no Exército Rebelde (o grao maior era o de Comandante) tiñamos as mesmas ideas en canto á loita contra Batista e á loita de Fidel, pero con relación aos temas ideolóxicos, non cadrabamos, pero o importante naquel tempo non era plantexarnos o socialismo, senón o derrocamento de Batista, a liberación nacional, eliminado a submisión a Estados Unidos, a Reforma Agraria que dese a terra aos campesiños, pensei que el ía mudar como mudaron moitos cando comprenderon o que era o socialismo, pero non, voltouse contra a revolución e ao final foise de Cuba . A outra revista foi “A Erupción volcánica” que eu mesmo dirixía da que xa falei onde dediquei poemas aos compañeiros presos e outros á Revolución. Estas dúas últimas revistas facíanse nun mimeógrafo. Domingo VillarManuel Álvarez Fuentes martes 20 de mayo de 2014
  11. 11. Domingo Villar 10. Os seus primeiros poemas foron publicados na revista revolucionaria “Verde Olivo”, unha revista con máis de 50 anos de existencia. Que supuxo para Vostede esta revista, compartindo incluso páxinas co Che? E para a cultura cubana? A revista “Verde Olivo” é o órgano oficial das Forzas Armadas revolucionarias e significou unha alta honra que publicasen poemas meus que hoxe aparecen no libro Eu teño dúas patrias. Estes poemas publiqueinos nos primeiros anos da Revolución cando estaba no Exército Rebelde e aínda seguín facendo colaboracións coa revista até o ano 1967 cando xa traballaba no Ministerio de Comercio Exterior. Hai un poema que escribín emocionado polas vitorias dos guerrilleiros bolivianos que se titula “Comandante de América” e que aparece no libro Eu teño dúas patrias, que acaba: E unida América enteira, como Bolívar soñase tronará na súa cordilleira o seu comandante, Guevara! Escrebino o 17 de abril de 1967 e mandeino á revista “Verde Olivo” e foi o único que me rexeitaron e así mo comunicou o Director da revista, ao cabo do tempo puiden saber o porqué, que isto non se podía dicir nese tempo. Eu pensei cando fixen o poema que só o Che podía ter en xaque ao Exército Boliviano e a vida deume a razón cando comunicaron o seu vil asasinato o 9 de Outubro dese ano. Manuel Álvarez Fuentes martes 20 de mayo de 2014
  12. 12. A primeira edición do libro de O canto da nosa terra é só en galego. E os tres primeiros poemas que escribín en galego publicados no libro Eu teño dúas patrias están só en galego sen tradución ao castelán, pero os libros salvo algúns que mandei a Galicia foron para lectores cubanos na súa maioría membros de sociedades galegas, pero é moi limitado os que coñecen o galego en Cuba, se cadra algúns que estudaron algo ou coñecen o portugués pola súa similitude co galego e despois vin os libros de poemas que venderon na Feira do Libro adicada a Galicia que viñan os poemas e a súa tradución ao lado para os lectores hispano-falantes. Oxalá un día logre facer unha edición para Galicia só en Galego. Tamén hai poemas que mos pediron para actividades en Cuba como un que fixen para o Primeiro de Maio que o recitei nunha plenaria no Hospital Calixto García do Sindicato da Saúde e tamén na Central de Traballadores de Cuba á que asistiu o Ministro de Saúde Pública. Escribilo en galego non correspondería. Vivo nunha terra que fala o castelán que logrou a independencia de España ao gume do machete e a costa do sangue dos seus mellores fillos e teño outra terra que herdei dos meus pais e avós que ten polo menos o direito de falar a súa propia lingua. 11. Por que as súas tres obras poéticas publicadas (Eu teño dúas patrias / O canto da nosa Terra / Con todos e para o ben de todos) levan o título en galego cando son obras bilingües? Domingo VillarManuel Álvarez Fuentes Fixen 3 poemas para a revista da Igrexa Episcopal de Cuba onde traballo que por lóxica mos publicaron en castelán, aínda que lle teño as súas versións galegas onde dous deles aparecen no libro O canto da nosa terra. Tamén os títulos dos libros están relacionados con poemas en galego, o primeiro dedicado a Cuba e a Galicia, o segundo dedicado ao Himno Galego que se estreou en Cuba e o terceiro dedicado a Martí e o que falou el dos españois e en especial dos galegos. martes 20 de mayo de 2014
  13. 13. 12. A súa última obra publicada (Con todos e para o ben de todos) está dedicada ao 160 aniversario do nacemento de José Martí. Que supuxo, e supón, este heroe cubano para Vostede e para a súa obra literaria? Martí, chamado o “Apóstolo da Independencia de Cuba” e o “Heroe Nacional de Cuba”, está na maioria dos meus poemas tanto os que escrebín en castelán como nos que fixen en galego. De Martí aprendemos moito por iso tamén lle chamamos “O Mestre”. Martí tivo frases eloxiosas para moitos galegos tanto personalidades cimeiras como Rosalía de Castro das que copiou frases enteiras en galego e Concepción Arenal á que chamou “Señora de Ouro” como para artistas como a “bela Otero” no poema “A bailarina española” e de guerreiros galegos como o Xeneral do Exército Libertador Francisco Villamil que deu a liberdade aos seus escravos e morreu pelexando pola nosa independencia e outras persoas sinxelas que dunha forma ou outra apoiaron e morreron pola independencia de Cuba. Un alcalde galego erixiu un monumento ao noso Apóstolo en Galicia e en moitos países latinamericanos venérase a súa figura e as súas obras. E tamén noutros países do mundo se lembra polos seus poemas e polos seus ideais que teñen aínda vixencia. 13. Que sentiu cando o declararon gañador do Premio de Poesía “Mis raíces gallegas” patrocinado polo Obradoiro de Cultura Galega “Xosé Fontenla Leal” da Federación de Sociedades Galegas de Cuba, obradoiro que leva o nome dun insigne case veciño paterno seu, un firme impulsor da Real Academia Galega? Xosé Fontenla Leal é outro dos galegos que lembro nos meus poemas; no salón onde cada semana impartimos as nosas clases de galego e celebramos moitas xuntanzas das sociedades galegas está un cadro del. (+) Manuel Álvarez Fuentes martes 20 de mayo de 2014
  14. 14. 14. Que lles podería dicir Vostede a aquelas escritoras e a aqueles escritores nados en Galiza e que se dedican á literatura en castelán? Domingo Villar Se eu nacese en Galicia escribiría soamente en galego como o grande escritor Xosé Neira Vilas, que declarou que escribe porque escribe en galego, isto sería o aceno patriótico para a terra que nos viu nacer. Tocoume nacer nesta fermosa terra, foi a miña língua materna o castelán coa que aprendín a falar e a que me aprenderon os meus pais, a pesar de que tiven un pai que falaba galego, pero un galego con 500 anos de opresión lingüística do castelán, sen escolas nin literatura para o desenvolver, pero unha lingua que pola súa beleza e harmonía cautivou os meus sentimentos. A grandeza desta lingua mora en que pese a todo o que fixeron por esmagala segue viva e desenvólvese en moitos bos galegos que hoxe coñecen que non é só a lingua de campesiños incultos, senón de poetas e reis e hoxe dun pobo que soubo loitar pola súa terra a pesar de ter sido extraditado, pero sementou a súa semente en moitas partes do mundo onde os seus descendentes amamos esta terra meiga dos nosos devanceiros. Manuel Álvarez Fuentes Obtiven distintos premios, recoñecementos e mesmo varias medallas do Consello de Estado da República de Cuba, pero este premio impulsoume a rescatar todo o que escribira en máis de 70 anos e facer estes modestos libros a forza de moitos sacrificios e dificultades. Como paradoxo este premio tivo que ser en castelán que é a historia do meu pai, cando mo deron o expresei que quixese que fose en galego, pero eses eran os requisitos. E obtivera anteriormente un recoñecemento da sociedade Monterroso e Antas de Ulla polo poema en galego “Eu teño dúas patrias” que mesmo un netiño de 7 anos recitou no Teatro Lázaro Peña ante millares de espectadores vestido de galego ao son da gaita do director dos gaiteiros de dita sociedade Dayán Reyes que saltou bágoas e aplausos a tódolos presentes no teatro cando concluía a celebración do Día do Emigrante. martes 20 de mayo de 2014
  15. 15. CUESTIONARIO Retrato de Manuel Álvarez Fuentes realizado por: Andrea Rodríguez Eiras, alumna do MGB martes 20 de mayo de 2014
  16. 16. Breogán na Coruña. Un monumento salientábel? Rosalía de Castro- Cantares Gallegos. Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Balbino das obras de Xosé Neira Vilas-Don Quixote da Mancha. Un personaxe galego e un estranxeiro? Castro Alves -Os escravos- Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros? O fillo do galego da novela de Miguel Barnet “Gallego”. Un personaxe literario co que se identifique? Sempre Xonxa. Unha película de cine? A loita pola xustiza. Cal é a súa fonte de inspiración A alma boa de Szechwan, de Bertolt Bretcht Unha obra teatral? martes 20 de mayo de 2014
  17. 17. Coñecer persoalmente a Xosé Neira Vilas.Un anceio por realizar? Urbano-praia. Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Galiza-Varadero. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? O grito de Yara de Carlos Manuel de Céspedes. Un feito histórico? A paz no mundo enteiro. Unha utopía? A miña casa polasnoites. Un lugar axeitado para a lectura? O danzón -Unhanoite na eira do trigo Un tipo de música? Unhacanción? José Martí Pérez. Un/ha autor/-a con quen se identifique? A música. Outro entretemento ademais da lectura? martes 20 de mayo de 2014

×