Manuel Forcadela

321 views

Published on

Entrevista feita polos alumnos de Literatura Galega do século XX e da actualidade a Manuel Forcadela.

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
321
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
65
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Manuel Forcadela

  1. 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Manuel Forcadela Manuel Forcadela (Manuel Santiago Fernández Álvarez) naceu en Forcadela (Tomiño) no ano 1958. É licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa. É autor de obras poéticas como Profecía (1992) ou Morte do fadista (2000)... No campo da narrativa deuse a coñecer coa novela que gañou o Iº Premio de Novela Manuel García Barros titulada Paisaxe con muller e barco (1990). Outras obras narrativas súas son Sangue sobre a neve (1990), Fóra de xogo (1993), A armada invencible (1996)... Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados martes 17 de diciembre de 2013
  2. 2. Manuel Forcadela 1. Deducimos que o lugar de nacemento si que tivo en Vostede un forte influxo, de aí que no seu nome literario obvie os seus apelidos polo topónimo de Forcadela. Tanto o marcou este pobo e as súas andanzas primeiras na súa vida e na súa obra literaria? Pois si. Forcadela, Tomiño, O Baixo Miño, son as miñas paisaxes recorrentes, algo así como unha constante que perdura máis alá dos cambios dos anos e das décadas. Alí estaba a casa da familia que aínda conservamos os fillos e na que paso moitas tempadas ao longo do ano. O río, Portugal, Vila Nova de Cerveira, toda esa paisaxe habita dentro de min e creo que eu tamén formo parte dela, aínda que só sexa como unha minúscula formiguiña. O día que morra quero que me incineren e que boten as miñas cinzas ao río. En fin, poderíavos falar durante horas sobre iso e creo que o mellor será escribir algún día un libro. Fica pendente. 2. Como lembra Vostede aquel seu primeiro contacto coa Universidade, con aquel ambiente cultural posditadura? Foi moi grato. A Universidade do meu tempo, sen ser nada doutro mundo, si que che permitía fuxir da miseria intelectual que había no ambiente. Eu fun un estudante universitario vocacional e, por tanto, moi aplicado. Todo canto me insinuaban os profesores para min convertíase nunha obriga. Lía un libro tras outro sen interrupción, tomando notas e memorizando o que interesaba. Todo tipo de materias: gramática, literaturas, filosofía, lingüística. Descubrín que a paixón polo coñecemento pode tornarse unha das paixóns máis fortes da existencia. E descubrín tamén que a vida é unha enorme lectura do mundo e do tempo. Mesmo pode que os humanos non fagamos outra cousa: ler (no senso máis amplo) e tentar comprender. 3. Tras licenciarse especializouse en Eduardo Pondal para a súa tese. Influíu na súa obra poética o gran autor do Rexurdimento ou tivo que Vostede beber en moitas outras fontes de inspiración? O mundo e a existencia son textos enormes e inatinxibles que os escritores tentamos trasladar ás palabras, moitas veces sen grande acerto. A obra de Pondal influíume relativamente, como tantas outras. Non me considero pondaliano en tanto que poeta, si no sentido de ter escrito catro libros, en tanto que crítico e ensaísta, arredor da súa obra en diferentes etapas da miña vida, mais, francamente creo que hai outros autores aos que lles teño dedicado cando menos o mesmo tempo ou acaso máis. Tamén me interesa moito o cine e a música. E a filosofía. martes 17 de diciembre de 2013
  3. 3. Manuel Forcadela 4. Recén iniciada a súa trintena vital acadou Vostede o Iº Premio de Novela Manuel García Barros coa obra Paisaxe con muller e barco. Que supuxo para Vostede encetar a ilustre nómina de gañadores deste premio de novela? Pois unha grande honra, sobre todo vendo os escritores que viñeron despois e que son moito mellores ca min. Creo que a literatura galega actual non lle ten nada que envexar a ningunha das literaturas da nosa contorna e que, a día de hoxe, para quen a coñeza e a siga, é unha das grandes literaturas. Hai unha enorme creatividade que non se corresponde co brillo que acada entre o público lector. Mais creo que precisa de maior difusión, e non só no ámbito galego senón tamén (mediante traducións) fóra del. 5. Ten Vostede algunha edición bilingüe galego-castelán de poesía. Supoñemos que foi Vostede o tradutor dos poemas. Até que punto un poema perde ao se pasar dun idioma a outro? Está Vostede de acordo coa tradución de poesía a un idioma irmán? Pois si. Traducíronse tres libros meus. Dous de poesía e outro de narrativa. Ningún deles foi traducido por min. O regreso das ninfas (ao castelán, en tradución de Carmen Pallares) e Refutación da musa (ao castelán, en tradución de Basilio Losada e ao portugués, en tradución de Luis Filipe Sarmento). E Sangue sobre a neve (ao catalán, en tradución de Josep Pascual). Traducir é unha arte e unha ciencia. O tradutor pode ser un verdadeiro creador, case tanto como o autor orixinal. Un lector ben formado aprende a valorar as traducións. Ás veces un mesmo libro, lido nunha tradución e noutra, cambia por completo. 6. Observamos que Vostede intenta aproveitar os medios audiovisuais para a súa obra literaria, especialmente a poesía. Está o futuro da literatura nestes medios? Até que punto pode repercutir na creación literaria o achegamento aos medios audiovisuais dende as dúas ópticas (negativa e positiva)? Non creo que o futuro da literatura estea en ningún medio de difusión diferente daqueles que emprega na actualidade. O libro pervivirá porque é un invento que está por riba dos tempos e das modas. Os aparellos electrónicos convivirán co libro pero non o substituirán. Cando menos esa é a impresión que eu teño, como lector que coñece e emprega todos estes medios. Creo, tamén, que a experiencia da lectura non pode ser modificada. Podemos ver filmes, facer vídeos sobre poemas, películas sobre novelas, etc., pero a experiencia do silencio da conciencia enfrontándose a un texto e deixándose ocupar por esoutra conciencia que xorde do texto é unha experiencia insubstituíble. O bo da tecnoloxía é que, logo dunha primeira fascinación perante a novidade, fainos valorar máis o que antes tiñamos. Descubriremos novamente os libros como obxectos máxicos. martes 17 de diciembre de 2013
  4. 4. Manuel Forcadela 7. O seu achegamento ao teatro foi só a nivel de tradución. Pensa mergullarse algún día neste xénero tan importante? Polo de agora non estou moi interesado pola escrita de textos dramáticos. Téñolle moito respecto a ese xénero e tamén ás persoas que están implicadas nel. E valoro os seus esforzos por manter ese feito irrepetible que é a representación teatral. Pasa o mesmo que cos libros electrónicos e os diferentes medios para lelos e reproducilos. Hai quen dixo que o teatro desaparecería pola irrupción do cine e, realmente, o que está a pasar é que o cine está a desaparecer pola irrupción da televisión e de internet. E o teatro, non. Na súa simplicidade hai moito de autenticidade. O teatro está dentro de nós. Disfrazarnos, poñérmonos máscaras, mudar de personalidade, poder burlar, vivir as vidas de outros, todo iso que xa está no carnaval, é o aspecto inmortal do teatro. Mentres haxa humanos haberá teatro. O mundo é tamén un enorme escenario no que cada un de nós asume un papel e un enmascaramento. De feito a palabra ‘persona’ en latín significaba máscara. 8. No 2006 achegouse á literatura infanto-xuvenil coa obra A procura do falso Grial. Non se sentiu a gusto neste espazo literario para os máis cativos ou ben aínda queda algo por ver? O feito de que esa novela fose publicada nunha colección de literatura xuvenil non quere dicir que eu a concibise como unha novela dese tipo. Eu, cando escribo, non me preocupo moito de se o que fago vai chegar finalmente a un público ou a outro. Escribín esa novela como un cuarto episodio dunha serie de narrativa policial que comezara anos atrás con Sangue sobre a neve e seguira despois con Barato, barato e Fóra de Xogo e que foran publicadas como novelas para adultos. O editor, neste caso Carlos Lema, da editorial Galaxia, pensou que tería máis saída nunha colección dirixida a ese tipo de público. 9. Foi a súa obra poética Refutación da musa o seu mellor poemario tal como se pode desprender dos premios acadados ou Vostede ten en mellor valía outras? Para min mesmo é difícil xulgar a miña propia obra poética. Persoalmente valoro moito os dous últimos poemarios, que foron publicados de xeito electrónico e que se poden descargar gratuitamente da rede. Xardín queimado (do ano 2012 e descargable en http://oximnasiodeacademo.files.wordpress.com/2012/02/xardc3adn-queimado1.pdf) e Sales do ano doce (do ano 2013 e descargable en http://oximnasiodeacademo.files.wordpress.com/2013/01/sales-do-ano-doce1.pdf). Convídovos a que os leades e a que sexades vós mesmos os que respostedes a esta pregunta. martes 17 de diciembre de 2013
  5. 5. Manuel Forcadela 10. A que se debe o nome do seu popular blog “O ximnasio de Academo”? Sente Vostede admiración polos antigos mitos e heroes gregos como dá a entender? Soen aparecer na súa obra literaria? En realidade o nome ten que ver co feito de que Platón e os seus discípulos reuníanse a falar nun ximnasio que era propiedade dun tal Academo. E de aí deriva a palabra Academia. O nome do meu blog ten un sentido irónico, como moitas das cousas que eu escribo, incluíndo a poesía. Eu non preciso de pertencer a ningunha Academia, porque xa teño o meu Ximnasio de Academo, que é un lugar, por certo, destinado a que a xente se poña en forma poética. Xógase, por tanto, cos dobres sentidos das palabras e, sempre, con abrir as posibilidades interpretativas. Nunca me interesou nada que só poida ser lido nun sentido estricto, cun único significado posible. Para iso xa están os lexisladores, os avogados e os xuíces, todos profesionais moi respectables. Pero creo que aos poetas estanos reservada a actitude contraria: facer que as palabras signifiquen sen parar e que sexan quen de dar lugar a unha e outra interpretación. 11. Dado que Vostede elaborou un amplo vídeo sobre María Mariño, supuxo para a súa obra literaria algún influxo a obra desta gran poeta galega? Non especialmente. Fíxeno en colaboración cos meus alumnos e aproveitando que ese ano se lle dedicaba o Día Das Letras Galegas. Tentamos dar unha visión o máis variada e plural posible. Retrato de Manuel Forcadela realizado por: Cristóbal Durán Rey, alumno do MGB martes 17 de diciembre de 2013
  6. 6. IO R A N IO T ES U C martes 17 de diciembre de 2013
  7. 7. Un personaxe galego e un estranxeiro? obra a unh /-a e gos? utor gale a /ha raria o Un lite ueir erson axe l i iden terario c o qu tifiq e se ue? H Adrián Solovio. Don Quijote unq oC lvar Á nto me onu bel? n m ientá U fel al s if amle t Unha obra teatral? Edipo Rei, de Sófocles eE r tor A Unha película de cine? París-Texas, de Win Wenders Cal é a súa fonte de inspiración O silencio é a falsidade da percepción. Saber que o que vexo non é, aínda que o pareza. martes 17 de diciembre de 2013 Un p a obr a nh s? u a e xeiro or/ ran aut est /ha aria n er ski U it oiev l st d Fio Dov or
  8. 8. Un feito histórico? A Revolución Francesa ? izar real r io po e s ibro l anc a de i Un duc a unh áis. ribir m Esc Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Hourtin, nas Landas francesas. Mundo rural/urbano? Praia/ montaña? Grandes cidades e aldeas con río. Praia no verán, e montaña no outono e na primavera. Un/ha autor/-a con quen se identifique? Fernando Pessoa Outro entretemento ademais da lectura? A música. O cine. martes 17 de diciembre de 2013 Un tipo de músi ca? Unh a canción ? The Beat les. Hey Jude. Un l ugar a xeita lectu do para ra? a A bib Facu lioteca d ltade a de Fi miña fa c lolox Univ ía e T ultade. ( ersid ade d raduci A ón d e Vig a o). a Unh ? opía ut licia Ga e nha rnada U gobe zada auto egui gal

×