SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
Santiago Lopo
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
Santiago Lopo (Vigo, 1974) comezou a se coñecer
literariamente coa súa obra Game over (2007), e a
continuación coa obra Peaxes (2009). No ano 2012 a
súa obra Hora zulú acadou o prestixioso premio de
novela “Manuel García Barros”, obra que xa foi
traducida ao español. Recentemente resultou gañador
do VIII Premio Narrativa Breve Repsol coa obra A
Diagonal dos Tolos.
jueves 18 de febrero de 2016
En verdade xa tiña inquedanzas literarias previas, pero cando empecei a traducir decateime de que era capaz de producir textos e
que estes eran aceptables. Sobre todo eran guións de series e películas para televisión.
Santiago Lopo
1. A tradución é unha das súas primeiras andanzas na nosa cultura... foi esta actividade a que o levou a se dedicar á arte literaria?
2. Dende logo que traducir é algo demasiado serio -e complicado-. Que require un bo traductor para que unha tradución dunha obra
acade a arte que se merece ao ser tranferida a outro idioma?
Traducir BEN é unha das tarefas máis complicadas e con menos recoñecemento da nosa sociedade. Como aconteceu con moitos
saberes, internet popularizou as traducións, hai moita cantidade, pero a calidade resentiuse. O tradutor é o mediador, sempre na
sombra, dá igual que sexa un texto, un filme, unha conferencia, ou unha entrevista. Non obstante, sen o seu labor a cultura nunca
sería universal. Por iso son cruciais para a desenvolvemento cultural da humanidade.
3.- Quizabes fose a súa obra Peaxes o seu punto de partida literario -a pesar de ter xa publicada a obra Game over-?
Game over deume a coñecer e segue a ser un dos libros máis vendidos (se non o que máis) da editorial Biblos. Peaxes tamén
funciona moi ben, xa vai pola quinta edición. Eu consideraría as dúas novelas como puntos de partida, cada unha cun estilo
diferente.
4.- En toda obra literaria normalmente un autor ou unha autora adoita amosar aquelas inquedanzas que andan polo seu maxín ou que
forman parte da súa vida... Que quixo amosar Vostede en Peaxes ao nos trasladar a monotonía dun traballo sen innovación posíbel?
Interesábame a idea da cabina como punto de observación privilexiado da nosa sociedade. Tamén quería demostrar que a
imaxinación pode vencer a monotonía e a rutina da nosa vida, e liberarnos de situacións de opresión. Imaxinarmos é sermos libres,
por iso a literatura é tan importante, por iso ao poder non lle gusta que leamos.
5.- No ano 2012 a súa obra Hora zulú acadou o prestixioso premio de novela “Manuel García Barros”. Que supuxo para Vostede
semellante galardón?
É un galardón ao que lle gardo moito aprecio. Primeiro pola figura de García Barros, segundo pola traxectoria de obras de calidade
que o gañaron, e terceiro porque o feito de obter un premio con tanta transcendencia ratificoume como escritor e permitiu que a
miña obra fose máis coñecida.
jueves 18 de febrero de 2016
Apetecíame escribir algo orixinal e arriscado. Nunca pensei que o xurado optaría por unha
obra tan rompedora, pero o certo é que a novela está a funcionar, xa vai pola cuarta edición,
vén de aparecer traducida ao español na Editorial “Mar Maior” e poida que algún día se
traduza ao francés.
Santiago Lopo
6.- Por certo, unha obra totalmente orixinal canto á súa redacción, á súa forma... por que este
formato novelesco?
7.- E unha temática ben difícil de tratar e que require un fondo coñecemento e ao mesmo tempo
unha forte sensibilización... non?
A verdade é que para a parte científica contei coa axuda inestimable dunha parella amiga.
Tanto ela coma el son físicos teóricos e resolveron as miñas dúbidas a medida que ían
xurdindo. O máis complicado foi lograr que todas as partes encaixasen, pero penso que o
conseguín.
Santiago Lopo
8.- Outra cousa interesante é o tratamento dos diferentes rexistros lingüísticos que a crítica literaria tivo moi en conta... o seu labor de
tradución tivo moito que ver, non?
Cando traduces nunca sabes o que te vas atopar. Pensemos nun filme, nunha banda deseñada, nun libro con varios personaxes ou nun
conferenciante groenlandés que conta un chiste típico da súa terra antes de empezar a falar de medicina nun congreso en Nova York.
Se unha obra de creación é boa, cada personaxe estará caracterizado por unha situación vital e unha maneira de falar en particular. O
máis difícil de conseguir ao crearmos unha novela con moitos personaxes é darlles a todos a súa personalidade, xa que, ao final, o
escritor ou a escritora están sós perante a folla en branco. Os autores teñen un estilo de seu, mais deben diversificalo para que o
lector acredite no que le e se mergulle na historia.
Penso que a novela curta é un formato moi acaído para a frenética sociedade na que estamos inmersos. A literatura galega precisa
de escaparates que a amosen e a poñan en valor, por iso os premios son importantes. En Galicia temos creadores e creadoras que
non lle teñen nada que envexar a ningunha outra literatura, o problema é darnos a coñecer. Hai pouco unha rapaza me comentaba
que alguén da súa familia se sorprendera ao escoitar as gargalladas que esta lectora botaba mentres lía unha das miñas novelas.
Aquel familiar non entendía que un libro en galego fose divertido. Debemos loitar contra eses tópicos, contra a ignorancia literaria
que atenaza o noso pobo.
9.- No ano 2014 acadou Vostede o premio de “Narrativa Breve Repsol” coa obra A Diagonal dos Tolos...Un premio que está a ocupar un
espazo moi transcendente na nosa narrativa contemporánea...
jueves 18 de febrero de 2016
En case todas as miñas novelas os personaxes tentan liberarse dunha situación que os oprime e
nós asistimos ás súas tribulacións durante o proceso. Coido que a procura da liberdade é o que
nos define como seres humanos, a nosa vida é unha loita continua por atoparmos o noso lugar
no mundo que nos tocou vivir.
Santiago Lopo
10.- E por certo, outra vez tomando como referente temático un mundo semellante ao aparecido
en Hora zulú... Por que este tema?
Portada: “Hora Zulú”
11.- Tamén volve a aparecer aquí o seu gusto por espazos estranxeiros... sen desbotar os de aquí,
claro... Por que esta elección espacial novelesca?
Ler é vivirmos en primeira persoa unha historia, meternos na pel dos personaxes e existir nese
mundo durante unhas horas. Por tanto, o lecer, o pracer literario, a viaxe da imaxinación son o
máis importante para min. Se esa viaxe podemos facela en primeira clase e non en low cost,
moito mellor. Por iso, aprendermos e reflexionarmos son dúas compoñentes que eu estimo
necesarias para que unha obra sexa “redonda”.
12.- Dixo Vostede nunha entrevista o seguinte: “Unha novela é completa cando me entretén, me
fai aprender algo e me fai pensar”... Pero que é o máis importante para Vostede á hora de narrar:
o lecer, o didáctico ou o reflexivo?
Creo que está ben decatarnos de que a lingua galega é válida para falarmos das realidades que
queiramos, non só da nosa terra. Na novela A Diagonal dos Tolos o reto era complicado, pois
debía describir unha contorna e unha natureza ás que non estamos afeitos, empregando a nosa
lingua. Mais o resultado confirma que non hai nada imposible. O galego vive un momento de
madureza que o converte nunha ferramenta lingüística óptima para calquera situación.
En calidade ben, en difusión mal. Penso que debemos exportar máis a nosa literatura, e para iso as traducións son fundamentais.
13.- E para rematarmos... como ve Vostede o futuro da nosa literatura contemporánea?
jueves 18 de febrero de 2016
CUESTIONARIO
Santiago Lopo con alumnado de literatura 12-13
jueves 18 de febrero de 2016
Calquera laxe
con petroglifos.
Un monumento
salientábel?
Álvaro Cunqueiro.
“ O
l a p i s
d o
c a r p i n t e i r o ” , d e
Manuel Rivas.
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
María Casares e Albert
Einstein.
Un personaxe galego e
un estranxeiro?
J. R. R. Tolkien. “El
libro de los abrazos”,
de Eduardo Galeano.Un/ha autor/-a e unha obra
literaria estranxeiros?
Calquera antiheroe (p.
ex.: Ignatius J. Reilly,
Spider Jerusalem...)
Un personaxe literario co que
se identifique?
“Apocalypse now.”
Unha película de cine?
jueves 18 de febrero de 2016
Saír ao espazo exterior.
Un anceio por realizar?
Islandia. Calquera
afastado da civilización.
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
Que a literatura galega sexa
a máis lida do mundo.Unha utopía?
Un lugar cómodo e tranquilo.
Un lugar axeitado para a
lectura?
Moitos. Xa quemencionei “Apocalypsenow”, escollería Theend, de The Doors.
Un tipo de música? Unhacanción?
O cine.
Outro entretemento
ademais da lectura?
jueves 18 de febrero de 2016
Urbano para traballar,
rural para descansar.
Natureza.
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
A descuberta do
pergameo Vindel.Un feito histórico?
Admiro a Eduardo Galeano.
Un/ha autor/-a con quen seidentifique?
Observar.
Cal é a súa fonte de
inspiración
Unha obra teatral?
“Ubú rei”, de Alfred
Jarry.
jueves 18 de febrero de 2016

More Related Content

What's hot

What's hot (17)

Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Lois diéguez
Lois diéguezLois diéguez
Lois diéguez
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Martinez oca
Martinez ocaMartinez oca
Martinez oca
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Xabier alcalá
Xabier alcaláXabier alcalá
Xabier alcalá
 

Viewers also liked

Brochure AZ Holding EN Version - Credit Management
Brochure AZ Holding EN Version - Credit ManagementBrochure AZ Holding EN Version - Credit Management
Brochure AZ Holding EN Version - Credit ManagementCarmine Evangelista
 
D Imprimir Ana Texto[1]
D  Imprimir Ana Texto[1]D  Imprimir Ana Texto[1]
D Imprimir Ana Texto[1]guest9c12e
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Csi pavia notizie_n_37_del_08.11.16
Csi pavia notizie_n_37_del_08.11.16Csi pavia notizie_n_37_del_08.11.16
Csi pavia notizie_n_37_del_08.11.16CSI PAVIA
 
Художественно-эстетическое развитие дошкольников через художественное творчество
Художественно-эстетическое развитие дошкольников через художественное творчествоХудожественно-эстетическое развитие дошкольников через художественное творчество
Художественно-эстетическое развитие дошкольников через художественное творчествоthemaximax
 
AZ Holding presentazione - Credit Management (ITA)
AZ Holding presentazione - Credit Management (ITA)AZ Holding presentazione - Credit Management (ITA)
AZ Holding presentazione - Credit Management (ITA)Carmine Evangelista
 
«Здоровый образ жизни»
«Здоровый образ жизни»«Здоровый образ жизни»
«Здоровый образ жизни»ruster_c
 
Художественная литература как средство всестороннего развития дошкольника
Художественная литература как средство всестороннего развития дошкольникаХудожественная литература как средство всестороннего развития дошкольника
Художественная литература как средство всестороннего развития дошкольникаthemaximax
 
Campos Formativos Preescolar
Campos Formativos Preescolar Campos Formativos Preescolar
Campos Formativos Preescolar Marien Torres
 
Klasifikasi bidang layanan non konstruksi 2015
Klasifikasi bidang layanan non konstruksi 2015Klasifikasi bidang layanan non konstruksi 2015
Klasifikasi bidang layanan non konstruksi 2015inkindojabar
 

Viewers also liked (15)

Brochure AZ Holding EN Version - Credit Management
Brochure AZ Holding EN Version - Credit ManagementBrochure AZ Holding EN Version - Credit Management
Brochure AZ Holding EN Version - Credit Management
 
D Imprimir Ana Texto[1]
D  Imprimir Ana Texto[1]D  Imprimir Ana Texto[1]
D Imprimir Ana Texto[1]
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Csi pavia notizie_n_37_del_08.11.16
Csi pavia notizie_n_37_del_08.11.16Csi pavia notizie_n_37_del_08.11.16
Csi pavia notizie_n_37_del_08.11.16
 
Художественно-эстетическое развитие дошкольников через художественное творчество
Художественно-эстетическое развитие дошкольников через художественное творчествоХудожественно-эстетическое развитие дошкольников через художественное творчество
Художественно-эстетическое развитие дошкольников через художественное творчество
 
Fin619
Fin619Fin619
Fin619
 
Ana Texto
Ana TextoAna Texto
Ana Texto
 
AZ Holding presentazione - Credit Management (ITA)
AZ Holding presentazione - Credit Management (ITA)AZ Holding presentazione - Credit Management (ITA)
AZ Holding presentazione - Credit Management (ITA)
 
Apresentação É Como Um Filme
Apresentação É Como Um FilmeApresentação É Como Um Filme
Apresentação É Como Um Filme
 
«Здоровый образ жизни»
«Здоровый образ жизни»«Здоровый образ жизни»
«Здоровый образ жизни»
 
Художественная литература как средство всестороннего развития дошкольника
Художественная литература как средство всестороннего развития дошкольникаХудожественная литература как средство всестороннего развития дошкольника
Художественная литература как средство всестороннего развития дошкольника
 
Diapositivas cultura
Diapositivas culturaDiapositivas cultura
Diapositivas cultura
 
Campos Formativos Preescolar
Campos Formativos Preescolar Campos Formativos Preescolar
Campos Formativos Preescolar
 
Klasifikasi bidang layanan non konstruksi 2015
Klasifikasi bidang layanan non konstruksi 2015Klasifikasi bidang layanan non konstruksi 2015
Klasifikasi bidang layanan non konstruksi 2015
 
invenium PPT
invenium PPTinvenium PPT
invenium PPT
 

Similar to Lopo

Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández pazAsnosasletras
 
Entrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónEntrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoAsnosasletras
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

Similar to Lopo (20)

Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Entrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónEntrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisón
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Lois diéguez
Lois diéguezLois diéguez
Lois diéguez
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Xabier p docampo
Xabier p docampoXabier p docampo
Xabier p docampo
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo Fernández
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

More from Asnosasletras

Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 

More from Asnosasletras (11)

Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 

Lopo

  • 1. Santiago Lopo Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Santiago Lopo (Vigo, 1974) comezou a se coñecer literariamente coa súa obra Game over (2007), e a continuación coa obra Peaxes (2009). No ano 2012 a súa obra Hora zulú acadou o prestixioso premio de novela “Manuel García Barros”, obra que xa foi traducida ao español. Recentemente resultou gañador do VIII Premio Narrativa Breve Repsol coa obra A Diagonal dos Tolos. jueves 18 de febrero de 2016
  • 2. En verdade xa tiña inquedanzas literarias previas, pero cando empecei a traducir decateime de que era capaz de producir textos e que estes eran aceptables. Sobre todo eran guións de series e películas para televisión. Santiago Lopo 1. A tradución é unha das súas primeiras andanzas na nosa cultura... foi esta actividade a que o levou a se dedicar á arte literaria? 2. Dende logo que traducir é algo demasiado serio -e complicado-. Que require un bo traductor para que unha tradución dunha obra acade a arte que se merece ao ser tranferida a outro idioma? Traducir BEN é unha das tarefas máis complicadas e con menos recoñecemento da nosa sociedade. Como aconteceu con moitos saberes, internet popularizou as traducións, hai moita cantidade, pero a calidade resentiuse. O tradutor é o mediador, sempre na sombra, dá igual que sexa un texto, un filme, unha conferencia, ou unha entrevista. Non obstante, sen o seu labor a cultura nunca sería universal. Por iso son cruciais para a desenvolvemento cultural da humanidade. 3.- Quizabes fose a súa obra Peaxes o seu punto de partida literario -a pesar de ter xa publicada a obra Game over-? Game over deume a coñecer e segue a ser un dos libros máis vendidos (se non o que máis) da editorial Biblos. Peaxes tamén funciona moi ben, xa vai pola quinta edición. Eu consideraría as dúas novelas como puntos de partida, cada unha cun estilo diferente. 4.- En toda obra literaria normalmente un autor ou unha autora adoita amosar aquelas inquedanzas que andan polo seu maxín ou que forman parte da súa vida... Que quixo amosar Vostede en Peaxes ao nos trasladar a monotonía dun traballo sen innovación posíbel? Interesábame a idea da cabina como punto de observación privilexiado da nosa sociedade. Tamén quería demostrar que a imaxinación pode vencer a monotonía e a rutina da nosa vida, e liberarnos de situacións de opresión. Imaxinarmos é sermos libres, por iso a literatura é tan importante, por iso ao poder non lle gusta que leamos. 5.- No ano 2012 a súa obra Hora zulú acadou o prestixioso premio de novela “Manuel García Barros”. Que supuxo para Vostede semellante galardón? É un galardón ao que lle gardo moito aprecio. Primeiro pola figura de García Barros, segundo pola traxectoria de obras de calidade que o gañaron, e terceiro porque o feito de obter un premio con tanta transcendencia ratificoume como escritor e permitiu que a miña obra fose máis coñecida. jueves 18 de febrero de 2016
  • 3. Apetecíame escribir algo orixinal e arriscado. Nunca pensei que o xurado optaría por unha obra tan rompedora, pero o certo é que a novela está a funcionar, xa vai pola cuarta edición, vén de aparecer traducida ao español na Editorial “Mar Maior” e poida que algún día se traduza ao francés. Santiago Lopo 6.- Por certo, unha obra totalmente orixinal canto á súa redacción, á súa forma... por que este formato novelesco? 7.- E unha temática ben difícil de tratar e que require un fondo coñecemento e ao mesmo tempo unha forte sensibilización... non? A verdade é que para a parte científica contei coa axuda inestimable dunha parella amiga. Tanto ela coma el son físicos teóricos e resolveron as miñas dúbidas a medida que ían xurdindo. O máis complicado foi lograr que todas as partes encaixasen, pero penso que o conseguín. Santiago Lopo 8.- Outra cousa interesante é o tratamento dos diferentes rexistros lingüísticos que a crítica literaria tivo moi en conta... o seu labor de tradución tivo moito que ver, non? Cando traduces nunca sabes o que te vas atopar. Pensemos nun filme, nunha banda deseñada, nun libro con varios personaxes ou nun conferenciante groenlandés que conta un chiste típico da súa terra antes de empezar a falar de medicina nun congreso en Nova York. Se unha obra de creación é boa, cada personaxe estará caracterizado por unha situación vital e unha maneira de falar en particular. O máis difícil de conseguir ao crearmos unha novela con moitos personaxes é darlles a todos a súa personalidade, xa que, ao final, o escritor ou a escritora están sós perante a folla en branco. Os autores teñen un estilo de seu, mais deben diversificalo para que o lector acredite no que le e se mergulle na historia. Penso que a novela curta é un formato moi acaído para a frenética sociedade na que estamos inmersos. A literatura galega precisa de escaparates que a amosen e a poñan en valor, por iso os premios son importantes. En Galicia temos creadores e creadoras que non lle teñen nada que envexar a ningunha outra literatura, o problema é darnos a coñecer. Hai pouco unha rapaza me comentaba que alguén da súa familia se sorprendera ao escoitar as gargalladas que esta lectora botaba mentres lía unha das miñas novelas. Aquel familiar non entendía que un libro en galego fose divertido. Debemos loitar contra eses tópicos, contra a ignorancia literaria que atenaza o noso pobo. 9.- No ano 2014 acadou Vostede o premio de “Narrativa Breve Repsol” coa obra A Diagonal dos Tolos...Un premio que está a ocupar un espazo moi transcendente na nosa narrativa contemporánea... jueves 18 de febrero de 2016
  • 4. En case todas as miñas novelas os personaxes tentan liberarse dunha situación que os oprime e nós asistimos ás súas tribulacións durante o proceso. Coido que a procura da liberdade é o que nos define como seres humanos, a nosa vida é unha loita continua por atoparmos o noso lugar no mundo que nos tocou vivir. Santiago Lopo 10.- E por certo, outra vez tomando como referente temático un mundo semellante ao aparecido en Hora zulú... Por que este tema? Portada: “Hora Zulú” 11.- Tamén volve a aparecer aquí o seu gusto por espazos estranxeiros... sen desbotar os de aquí, claro... Por que esta elección espacial novelesca? Ler é vivirmos en primeira persoa unha historia, meternos na pel dos personaxes e existir nese mundo durante unhas horas. Por tanto, o lecer, o pracer literario, a viaxe da imaxinación son o máis importante para min. Se esa viaxe podemos facela en primeira clase e non en low cost, moito mellor. Por iso, aprendermos e reflexionarmos son dúas compoñentes que eu estimo necesarias para que unha obra sexa “redonda”. 12.- Dixo Vostede nunha entrevista o seguinte: “Unha novela é completa cando me entretén, me fai aprender algo e me fai pensar”... Pero que é o máis importante para Vostede á hora de narrar: o lecer, o didáctico ou o reflexivo? Creo que está ben decatarnos de que a lingua galega é válida para falarmos das realidades que queiramos, non só da nosa terra. Na novela A Diagonal dos Tolos o reto era complicado, pois debía describir unha contorna e unha natureza ás que non estamos afeitos, empregando a nosa lingua. Mais o resultado confirma que non hai nada imposible. O galego vive un momento de madureza que o converte nunha ferramenta lingüística óptima para calquera situación. En calidade ben, en difusión mal. Penso que debemos exportar máis a nosa literatura, e para iso as traducións son fundamentais. 13.- E para rematarmos... como ve Vostede o futuro da nosa literatura contemporánea? jueves 18 de febrero de 2016
  • 5. CUESTIONARIO Santiago Lopo con alumnado de literatura 12-13 jueves 18 de febrero de 2016
  • 6. Calquera laxe con petroglifos. Un monumento salientábel? Álvaro Cunqueiro. “ O l a p i s d o c a r p i n t e i r o ” , d e Manuel Rivas. Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? María Casares e Albert Einstein. Un personaxe galego e un estranxeiro? J. R. R. Tolkien. “El libro de los abrazos”, de Eduardo Galeano.Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros? Calquera antiheroe (p. ex.: Ignatius J. Reilly, Spider Jerusalem...) Un personaxe literario co que se identifique? “Apocalypse now.” Unha película de cine? jueves 18 de febrero de 2016
  • 7. Saír ao espazo exterior. Un anceio por realizar? Islandia. Calquera afastado da civilización. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Que a literatura galega sexa a máis lida do mundo.Unha utopía? Un lugar cómodo e tranquilo. Un lugar axeitado para a lectura? Moitos. Xa quemencionei “Apocalypsenow”, escollería Theend, de The Doors. Un tipo de música? Unhacanción? O cine. Outro entretemento ademais da lectura? jueves 18 de febrero de 2016
  • 8. Urbano para traballar, rural para descansar. Natureza. Mundo rural/urbano? Praia/montaña? A descuberta do pergameo Vindel.Un feito histórico? Admiro a Eduardo Galeano. Un/ha autor/-a con quen seidentifique? Observar. Cal é a súa fonte de inspiración Unha obra teatral? “Ubú rei”, de Alfred Jarry. jueves 18 de febrero de 2016