Lois diéguez
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Lois diéguez

on

  • 515 views

 

Statistics

Views

Total Views
515
Views on SlideShare
515
Embed Views
0

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

0 Embeds 0

No embeds

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

Lois diéguez Lois diéguez Presentation Transcript

  • Literatura Galegado Século XX e da Actualidade Lois Diéguez Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados
  • Lois Diéguez1. De onde cre que provén o seu pensamento nacionalista?Aparece na medida en que coñezo a literatura galega que me mostra a principio dos 60 o poeta Manuel María. Daquela non sabiamosque existía unha literatura escrita no noso propio idioma e descubrilo foi toda unha revolución. Despois, ao ir estudar a Madrid,aquela experiencia de contacto cunha cultura totalmente diferente á nosa e con xente que se burlaba do noso acento afirmoume nopensamento nacionalista como fórmula acaída para resolver os problemas que padeciamos.2. Que supón o espazo vital onde naceu para vostede? E para as súas obras literarias?Ese espazo é como unha prolongación dun mesmo, xa que é nel onde comezamos ater a primeira consciencia dos seres e das cousas, e iso fica gravado en nós xa parasempre. O meu Monforte natal e os distintos concellos do Val de Lemos polos queandei e sigo a descubrir arreo, están presentes en toda a miña obra. Paisaxes,personaxes, accións... son na inspiración como unha fonte que segue a ceibar augafresca cada día. As paisaxes e mesmo bastantes rostros que describo son casesempre reais. Pódense descubrir en moitos dos recunchos do país de Lemos. E gozocon iso porque é como se cada vez que o fago rescatase unha parte da miñainfancia ou adolescencia.3. Que opinión ten respecto ao conflito actual que atravesa a nosa lingua galega? Lois Diéguez asinando a súa obra “A poutada do Oso”.Estamos a sufrir os maiores ataques que desde a malfadada Reforma Política sufriu o noso idioma. Coa involución que no aspectosocial aparece en Europa e tamén no mundo, esa agresividade imperialista que se multiplica até o exterminio de pobos e culturas, aglobalización sen lindeiros para a destrución do diferente e plural, e o paroxismo dunha economía controlada polos maiores ladrónsdo mundo... os servidores deses amos entraron xa nunha especie de bebedeira contra todo aquilo que nos enriquece, que nos dácolor e diversidade. Aquí, na Galiza, colleron esa bandeira negra e letal tres personaxes que mostran arreo unha especie dearrogancia e autoodio sen límites tamén: o estirado e autocompracente presidente Feijoo, un curioso ignorante e home senescrúpulos como é o conselleiro de descultura e malaeducación, Jesús Vázquez, e un mutante exemplo de treparia biografía deindignidade que se chama Anxo Lorenzo, o Xudas destes tempos negros. Trío no que descansa unha filosofía de volver Galiza á etapaescura do servilismo. O retroceso en dous anos do amparo lexislativo que tiña o noso idioma está a resultar mortífero. So queda aesperanza de que xente nova coma vós, que non tedes os complexos idiomáticos doutras xeracións, vos ergades contra estasvergoñentas accións.
  • Lois Diéguez4. Ollando algúns títulos das súas obras como Intifada ou O canto do Muecin ou incluso a súa foto na Biblioteca Virtual Galega, pódese dicir que o mundo árabe ocupa un espazo na súa vida, no seu pensamento…?Ocupa un espazo importantísimo porque é aí onde o imperialismo está a matar e roubar cada día sen que nengún organismointernacional condene as súas accións. Nen a xente de Europa, atafegada ela nese mundo brutal do consumismo sen decatarse de quetamén é unha vítima. As culturas dos pobos da área musulmá é riquísima, solidaria e humana. Moi pacifista, por certo, contra todo oque nos digan os propios imperialistas nos medios de comunicación controlados por eles mesmos. Visitar estes países é comprender ariquísima variedade de alternativas que podemos dar ao medio físico onde vivimos. Por Oriente nace o sol e isto imprime nestes paísesun xeito alegre e vivo de ver o mundo. Coas invasións e roubos dos ianquis e os seus aliados estase a matar toda esta riqueza e eu vouarreo alí para gozar da palabra quente e humanizada que aquí xa non abonda, e levo toda a xente que podo para que comprobe por simesma as mentiras que seguen a botar os medios de comunicación occidentais sobre este mundo. Nalgunha das miñas novelas,especialmente en O canto do Muecín, aparece cumpridamente ese mundo. 5. Como xulgaría o presente da nosa literatura galega? E o futuro? Gústame a súa variación, mesmo a súa vitalidade, os múltiples rexistros que está a crear, a riqueza de voces que se van unindo cada ano a esta tarefa da escrita que nos pon á altura creativa de calquera país de Europa e do mundo. Pero o que me preocupa dela é a pouca firmeza que ten, en xeral, a respecto do noso idioma. Sen el, a nosa literatura será española e non galega, e coido que se está caendo moito no interese comercial e mesmo oportunista, abandonando así o carácter nacional da mesma, sen o cal xa non terá sentido. Refírome, sobre todo, a esa aparición dos nosos libros, inmediatamente que se publican, nos dous idiomas, galego e español, cousa inxusta e perigosa, pois desa forma, privando sempre o máis poderoso, as edicións en galego acabarán aparecendo como unha anécdota. Coido que os escritores e escritoras deberían defender máis a arma de traballo que temos, que é o galego, pois sen el, tamén eles acabarán morrendo. Lois Diéguez e Filipe-Senén asinando un exemplar de “A poutada do Oso”.
  • Lois Diéguez 6. Que xénero literario dos que escribiu lle gusta máis cultivar e por que? Gústanme todos, segundo o que nun momento determinado queira facer. Un texto curto levarame sempre á poesía. É como un flash que che vén e que podes deixar moi concretado. Se quero investigar máis, indagar, entrar en profundidade na caracterización dun personaxe ou dun grupo, ou dunha historia, voume para o conto, o ensaio ou a novela, onde teño máis vagar para crear toda clase de rexistros e estruturas. Por historia, por lecturas e mesmo pola variedade de xéneros que se practican aquí na Galiza e decatándome dos que xa temos maxistralmente conseguidos, até agora, levo traballado máis na prosa, na longa e reflexionada concatenación de historias. 7. Que temas lle gusta máis tocar nas súas novelas e por que? Sempre os que leven a profundizar, a analizar na psicoloxía do ser humano concretado no que máis coñezo, que é o galego. Ese debate e misterio que aportan sempre as culturas no seu proceso histórico e no seu desenvolvemento e as inmensas contradicións que crean nos seus propios creadores que son os animais chamados racionais. A dependencia e a ignorancia que crea sempre seres indefensos, e refírome a calquera aspecto que inflúe na vida das persoas, ben nas relacións persoais ou nas colectivas. E neste aspecto o ser galego, ofrece tal cantidade de espellos que limpalos das manchas amoreadas pola historia é un traballo realmente apaixonante, independentemente dos seus resultados. Esta é a temática fundamental sempre presente nos meus libros e cunha variedade de casos que até a min mesmo me sorprende. Coñecer o fondo do ser galego é toda unha aventura. Filipe-Senén, Lois Diéguez, Teresa Moure e Francisco Pillado.8. A que se debe que dentro da súa literatura haxa un reducido apartado de obras infanto-xuvenís?Nunca fun gran lector de literatura chamémoslle infantil ou xuvenil. Paréceme que é moi difícil expresar con acerto ese mundo sepensamos a quen vai dirixido. Desde moi novo sempre lin libros "para maiores", e ese mundo, sen saber por que, foi o que me guiou.Aínda que nalgún caso entrei tamén no outro, considero que non resultou tan acertado e, en todo caso, que non me colleu no seumagnetismo.
  • Lois Diéguez9. Dentro das súas obras, con cal e coa que máis se indentifica? Por que?Realmente identifícome con todas, sobre todo as escritas a partir de 1975, e digo isto porque está en relación coa idade e coaexperiencia, co saber que vai dando a vida. As primeiras teñen esa inxenuidade de quen é puro, a pureza da mocidade, sempre máisaltruísta. As outras están mellor conseguidas na forma e no fondo. Cada unha ten unha historia e un mundo que se foi facendo arredordela mentres a escribía e, colectivamente, unha vez publicada. O tempo vai consolidando a acción e a sabedoría (loxicamente sempreincompleta) e iso é o máis fermoso. Un creador coñécese mellor no conxunto do seu traballo, e hoxe o meu, xa se fixo máis completo esíntome contento por facelo, mais nunca totalmente, pois o camiño segue subindo ou baixando no seu relativamente longo percorrido. 10. A que se debe que dentro da súa literatura haxa un reducido apartado de obras infanto-xuvenís? Nunca fun gran lector de literatura chamémoslle infantil ou xuvenil. Paréceme que é moi difícil expresar con acerto ese mundo se pensamos a quen vai dirixido. Desde moi novo sempre lin libros "para maiores", e ese mundo, sen saber por que, foi o que me guiou. Aínda que nalgún caso entrei tamén no outro, considero que non resultou tan acertado e, en todo caso, que non me colleu no seu magnetismo. 11. Xeralmente os escritores adoitan adicarse a oficios relacionados coa literatura ou algunha das súas vertentes, pero vostede adicase á enxeñaría... a que se debe este contraste? Pode que iso fose un tópico e que a arte literaria non dependa, desde logo, da actividade desenvolvida polo seu autor ou autora? Deseño da portada da súa obra “A poutada do Oso”. Por suposto que non. Unha cousa é do que podes vivir e outra o que podes crear. Hai todo tipo de exemplos na literaturauniversal. Na nosa é diferente, porque se trata dunha literatura que non é libre, que segue baixo as poutas dun sistema político máisou menos imperialista que non quere admitila. Apenas hai escritores e escritoras en Galiza que poidan vivir diso, da creación literaria.E aquí está a cuestión: se queres escribir e escribir libremente sen dependencias económicas tes que ter un traballo que te libere nesesentido. Cando eu estaba a mirar que carreira ía facer pensaba en maxisterio. Pero daquela un mestre cobraba moi pouco, de aí que,con bo acerto, meu irmán Ismael convenceume de que fixese unha carreira técnica coa cal puidese vivir con dignidade para, dese xeito,poder escribir como eu quixese. E tivo razón. Fixen as dúas cousas e resultaron.
  • Lois Diéguez12. Cal é o premio máis importante que recibiu e que sentiu ó recibilo? Que concepto ten deles? Teñen unha función primordial para a nosa literatura?Eu non son quen realmente pode falar diso porque debo ser un dos escritores menos premiados na historia da nosa nación. Poderíavosfalar dalgún caso en que si o fun, como o premio Blanco Amor de novela. Naquel momento resultoume grato porque había un silencioespeso sobre os que facíamos un tipo de literatura máis experimental e de fondo psicolóxico dentro do que acabo de expoñer no puntoanterior. Pero analizando todo o que pasa neste mundo dos premios e das relacións, dos intereses variados (editoriais, políticos,comerciais, ideolóxicos...), teño a impresión de que na maioría dos casos son sempre o resultado do comportamento e relacións queexisten entre persoas determinadas con certo poder político ou de grupo. Eu non valoro nunca unha obra, sexa do tipo que sexa, polospremios. Valóroa polo que a min e á xente lle pode aportar. Lois Diéguez na libraría Couceiro de Santiago de Compostela.
  • A R IO NNa libraría Couceiro. TIO CUES Lois Diéguez expoñendo a súa biografía.
  • Un personaxe galego e un estranxeiro? Un p a obra  Bautista Álvarez e Greta ficci ersonax unh ón c /-a e gos? Garbo (que, ademais, o qu e de cien a utor gale farían unha moi boa e se i cia-U n /ha raria tas. .. parella). dent ifiqu lite oi ita s m plo, A Tería e? o s er m por exem or.  desd que e aqu ir á miñ P od ían oñer, co Am ela p a p erspe infanc odo Blan p ero p rga, de Unh ao Ja ctiva ia e v e esm o a pel bato para lem lo ícula d .  brar o  Brok e cin ment direc eback M e nu bel? tor A ount a mo tá ng L a ee, pe in, do obr Un lien sa de al 2005 lícul a do a nh s? e u iro r . ted o de a r/- anxe zey inc ue o ca ag aut estr Viz toq  A nti ela Unha ob /ha aria Un iter en  do Sa post ra teatra l t o, S O ho eph me Co m Historia l? l mp vela ico. del Zoo, de exe no or úa áx Edwa P s m rd Albee  ea
  • Un feito histórico? Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? As loitas dos O Nilo por Exipto, A Rectoral de Castillón, na Ribeira Sacra. Irmandiños. a? Un l u topí ugar Un tipo de músi Unha e axeit Unha ca ca? lver m lectu ado para nción? d es envo omo  Sen ra? a der c o nte t ado f Imagine P ame go. de John plen gale ront ad Out e ao Lennon em ro mar . Vi ai en . ax s d tret ar a ? lit eme ano cu pol b l/ur ? Un/h a ltu as erat nto rura taña quen autor/- ra ou uraMundo mon se id a con s.  tra ? i zar? raia / entif ique s r real P Rosa o po so. ? ei a lía d anc stin doi e Un le e Pa as, e  To k Cast it a ar Ir oitos d í ro.  Vis nte m ilo. a dur tranqu