Domingo villar

1,949 views
2,022 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,949
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Domingo villar

  1. 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Domingo Villar Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservadosmiércoles 9 de enero de 2013
  2. 2. Domingo Villar 1. Naceu Vostede nos últimos anos do franquismo. Como lembra aqueles primeiros anos de vida naquel Vigo efervescente? Puideron influír no seu compromiso coa nosa lingua, coa nosa cultura? Franco morreu cando eu tiña cinco anos, así que pouco me lembro daquelo. Crecín nun Vigo en reconversión e, en efecto, cunha grande efervescencia cultural que era máis evidente no eido da música ca nos outros, polo menos así o percibía eu daquela. 2. Cando contaba Vostede cuns 13 anos publicouse a considerada primeira novela negra en galego (“Crime en Compostela”). Foi Vostede lector desde xove de novela negra? Que pode aportar este xénero á nosa narrativa? É curioso que o morto do meu primeiro libro se chame Reigosa, como o autor de Crime en Compostela. Bauticeino así sen decatarme da coincidencia, pero Carlos Reigosa ten o convencemento freudiano de que todo foi unha escusa para matar ao pai (o pai da novela negra galega, enténdese) ás primeiras de cambio. O certo é que Carlos Reigosa é un escritor soberbio e un home encantador e sabio. O mesmo ten razón. O máis interesante da novela negra, ao meu ver, é que retrata a sociedade na que se desenrolan os crimes e a investigación que o autor vai narrando. Isto vale para amosar como é a vida en Galicia ou en Bangkok. Calquera esceario e bo. 3. Andou a súa pluma en aventuras de novela negra antes de “Ollos de auga”? De ser certo, por que ficaron estes intentos no anonimato? Que lle acontece cando a súa “investigación” de escritor se estanca? Ollos de auga é a primeira historia de largo alento que escribín. Sempre, dende neno, escribira contos, historias breves. Lembro que para un traballo fin de curso en Historia, na universidade, fíxen un conto satírico coas andanzas dunha concubina de Nerón. A catedrática quedou perplexa, sen saber se reprenderme ou felicitarme. Ao final apiadouse de min e aproboume con boa nota. Sempre estou a escribir. Se non é unha novela son notas para futuros libros, contos para os meus fillos, cousiñas que escribo para min… Fonte: As Miñas Lecturasmiércoles 9 de enero de 2013
  3. 3. Domingo Villar 4. Que autor ou autores influíron na súa obra e en que medida? Gustaríalle que o comparasen con Vázquez Montalbán para a nosa literatura? Vázquez Montalbán non era só un escritor de novela negra. Pepe Carvalho deulle cartos e sona, pero Vázquez Montalbán foi moito máis ca iso. Era un xornalista agudo e valente, narrador, ensaísta e, por riba de todo iso, un poeta extraordinario. Foi o membro máis sobranceiro dos nove novísimos, o grupo poético no que coincidiu con xente como Azúa, Gimferrer ou Panero. Manolo Vázquez Montalbán era un mestre, un sabio, un intelectual. Eu son só un home que conta historias. Non caben as comparacións. 5. Agora que Vostede soe estar fóra de Galiza, mudou a súa visión cara Galiza e os galegos? Aproxímase esta visión ou difire ostensiblemente da do “Aragonés”? A miña visión é máis ou menos a mesma que tiven sempre. Gústame a miña terra e a xente que vive nela, e o feito de levar moitos anos lonxe non fixo outra cousa que reforzar esa idea. A visión que ten o aragonés non é de todo inventada: a miña muller é aragonesa coma Estévez. Ela fíxome ver que algúns dos tópicos teñen un fondo de realidade. 6. Poden algúns dos personaxes da súa obra (Alba, o pai...) ter que ver coa súa vida ou con Vostede? Por suposto que algúns teñen que ver coa miña vida, pois o oficio de escritor ten moito que ver con ter os ollos e as orellas ben abertos. O meu pai foi adegueiro, como o pai de Leo Caldas. El aprendeume o amor polo campo e transmitiume que as cousas importantes esixen tempo e agarimo. O Eligio, a taberna na que para todas as tardes Leo Caldas é a mesma na que paro eu cando estou en Vigo. Por iso o meu personaxe e mais eu temos en Carlos, o dono, un amigo común.miércoles 9 de enero de 2013
  4. 4. Domingo Villar 7. Que supón para un escritor novel que a súa primeira novela xa sexa un éxito e que este medre coa segunda? Impón este feito á hora de seguir a escribir? Supón unha sorpresa tremenda. Para min e para os meus editores. Eu conformábame con ver o meu primeiro libro publicado e mira as voltas que deu a cousa. En calquera caso, non teño nada claro que o éxito dun libro se mida en número de exemplares vendidos. Iso é éxito comercial, pero éxito literario é outra cousa: terte baleirado escribiendo, terlle dado unha parte de ti mesmo aos personaxes, ter andado o camiño con eles… Chegar a moitos lectores non supón unha carga. Ao revés, permite escribir coa tranquilidade de saber que os personaxes teñen amigos agardando por eles. 8. Estraña o feito de que trascendese tanta información sobre a súa próxima novela da triloxía. Como xustifica este feito? Será unha maneira de tranquilizar aos lectores que devecen pola súa lectura ou un simple feito de publicidade? Fonte: Atlántico A culpa é miña. Escribo moi despacio, a documentación lévame meses e logo doulle vinte voltas a cada cousa. O tempo vai correndo pero como ando mergullado na novela, pasándoo pipa, nin me entero. Nestes meses teño recibido moitos chamados de xornalistas interesándose polo libro e a algún acabei por contarlle algunha cousa. O problema é que antes a información que recollía a prensa a levaba o vento. Agora queda toda xunta no google, e pode semellar que paso o día falando do asunto, cando a realidade non é así. En todo caso, do miolo da historia ninguén sabe nada. Pouco favor faría ó lector revelando a trama. 9. Considera Vostede que se pode vivir da literatura ou quizais sexa unha simple utopía, máxime no noso idioma? Poder, pódese. Non sei se a cousa durará moito, pero aínda hai escritores que viven das súas obras (poucos) e outros que viven dos satélites da literatura (o oficio escritor ábrelles a porta como xuris de premios, columnistas de opinión, editores, tradutores…). Como di o meu axente, todo depende dos cartos que precise un para vivir. En calquera caso, a literatura non é un traballo, é unha paixón. Non se escribe para facer cartos senón para vivir outras vidas, para soñalas, para viaxar, para reflexionar, para vencer os medos… Moitos autores hoxe célebres viviron miserablemente pero sen deixar nunca de escribir.miércoles 9 de enero de 2013
  5. 5. Domingo Villar 10. A terceira novela da súa triloxía leva por título “As cruces de pedra”, un título semellante ao duns ensaios de Castelao. Por que ese título? Que supuxo, ou supón, para Vostede o mestre rianxeiro? É unha homenaxe a Castelao, claro, un xenio coa capacidade de condensar nunha frase ou nun debuxo o sentemento enteiro dun pobo. 11. Todas e todos imaxinamos “A praia dos afogados” no cine. Para cando? Que suporá este feito para Vostede? A posibilidade de ver os meus personaxes no cinema prodúceme dúas sensacións case que contrapostas. Por unha banda, curiosidade por ver os personaxes imaxinados en carne e óso. Por outra, bastante medo por se resulta unha trapallada. A día de hoxe, non teño claro que finalmente A Praia dos afogados se adapte para o cinema. Hai un proxecto, un guión, un equipo artístico proposto…, pero a dificultade para atopar financiación vai facer que a meirande parte dos proxectos audiovisuais dos próximos anos queden reducidos a iso, a proxectos. Xa veremos que pasa con este. Fonte: La Voz de Galicia 12. Que sensación experimentou cando dous ex-ministros (dona Trinidad Jiménez e don Alfredo Pérez Rubalcaba) alabaron e recomendaron a súa novela nunha entrevista da CNN+? O meu pai, que non andaba en horas moi boas, estaba vendo na televisión a entrevista a Rubalcaba e quedou encantado cando o escoitou falar de min. Só polo alegrón que lle deu, estoulle moi agradecido.miércoles 9 de enero de 2013
  6. 6. Domingo Villar 13. Cando fixemos o “Roteiro da Praia dos afogados” decatámonos da súa minuciosidade e precisión no tratamento do espazo na súa novela. Ocorre sempre así ou moitas veces se inclina por un espazo inventado? Teño inventado espazos literarios en moitos contos, pero é certo que as novelas de Caldas avanzan por lugares reais. Para min é un xeito de estar de volta e de visitar co recordo a terra que deixei atrás. Poderíase dicir que a búsqueda de lugares coñecidos por min responde a unha cuestión terapéutica. Roteiro da Praia dos Afogados 11/12. Alumnado do IES Manuel Garcia Barros. 14. E para finalizarmos, sabemos do seu labor como crítico gastronómico. Que lugar ocupa a nosa gastronomía neste seu apartado? Que prato ou pratos galegos soe recomendar? E preparar? Como Leo Caldas, morro por uns bos percebes. Tamén polas vieiras ao forno (sen xamón). Entre os peixes prefiro a raia. Penso que non preparo mal a empanada. Como din os de Telepizza, “o segredo está na masa”. Deume a receita Quico, un amigo que tiña un bar con sona de facer as masas de empanada máis finas de Vigo. Adoito fágoa de carne, xoubas ou mexillóns.miércoles 9 de enero de 2013
  7. 7. A R IO IO N ES T CUmiércoles 9 de enero de 2013
  8. 8. ra Un personaxe galego e h a ob -a e un ? un estranxeiro? Un p u tor/ alegos erson / ha a aria g Un liter P az / Antonio Palacios / axe l i dez iden terario c nán Fer a (Ros a Leonardo da Vinci Jim Haw tifiq ue? o qu e se n ustí stenci Ag esi . k ins ( ros) illa d o rap R A nei o tes az d ouro ’A ). Unha película de cine? nto Unha historia me onu bel? n m ientá verdadeira (David U sal man Th ur Lynch) a obr a a u nh s? U m - a e xeiro or/ ran de Unha obra teatral? aut est Con . /ha aria n er / O as) Hamlet U it l ar thy um cC sto ( D Cal é a súa fonte de c M ecri ma ont Cor M inspiración A morriña demiércoles 9 de enero de 2013
  9. 9. Un lugar para visitar? e un lugar Un tipo Un feito histórico? de músi ca? Unh para descansar? canción a ? O descubremento Escandinavia / Galicia Depende do estad ánimo / o de da anestesia. Samba e prelúdio m Mundo rural/urbano? (Viniciu s de Praia/montaña? Morais) Rural pero non i zar? por real illado / Praia sen moita Un l ugar o na ncei can . xente nin moita calor. a xeita U un lectu do para Ter Un s ra? a ofá p Un/ha autor/-a con quen se chim reto d identifique? enea a Gústame o xeito de entender . o oficio literario de Marina Mayora l. a ? u topí Outro entretemento U nha e bos ademais da lectura? T odos sos. Conversar. xe neromiércoles 9 de enero de 2013

×