Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade

Darío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana naceu en Roás-Cospeito (Lugo) no an...
Darío Xohán Cabana
1.

Até que punto o nacer na Terra Chá, no seo dunha familia labrega, puido marcar o seu futuro como pe...
Darío Xohán Cabana
4.

Foi Vostede un autor realmente precoz. A que poderiamos achacar esa precocidade? E para cando o xén...
Darío Xohán Cabana
7.

Canto á súa obra narrativa posibelmente máis coñecida, Galván en Saor, supoñemos que
previamente á ...
Darío Xohán Cabana
10.

Ao entrar na RAG, pronunciou Vostede o discurso “De Manuel María a Méndez Ferrín: a grande xeració...
IO
R
A

N
IO
T
ES
U

C

miércoles 6 de noviembre de 2013
obra
a
unh
/-a e gos?
utor gale
a
/ha raria
ña,
n
U
reta
lite
B

,
rrín na.
z Fe aldi
e
énd smer
M
E
nto
me
onu bel?
n m i...
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?

Un feito histórico?

A revolución
soviética.

zar?
li

r rea
po

Italia...
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Darío Xohán Cabana

173

Published on

Entrevista feita polos alumnos de Literatura Galega do século XX e da actualidade a Darío Xohán Cabana

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
173
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Darío Xohán Cabana

  1. 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Darío Xohán Cabana Darío Xohán Cabana naceu en Roás-Cospeito (Lugo) no ano 1952. No 1970 comezou a traballar en Vigo en Edicións Castrelos con Xosé María Álvarez Blázquez. No 1970 publicou a súa primeira obra poética (Home e Terra). A súa obra poética foi recompilada no ano 2003 na obra Vinte cadernos: poemas 1969-2002. Posteriormente publicou Cabalgada na brétema (2006). Tamén é un prolífico autor de narrativa con obras como Galván en Saor (1989), Fortunato de Trasmundi (1990)... así como en narrativa infanto-xuvenil con obras como As aventuras de Breogán Folgueira (1990) ou Dende o Himalaia a Ceilán (2004). Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados miércoles 6 de noviembre de 2013
  2. 2. Darío Xohán Cabana 1. Até que punto o nacer na Terra Chá, no seo dunha familia labrega, puido marcar o seu futuro como persoa e como escritor? Ata todos os puntos e comas. Eu son aquel rapaz que se criou así, porque os primeiros anos da vida son os que fan a persoa, e eu quixen sempre ser fiel ás miñas orixes e á miña xente. E aínda que non quixera, estaría marcado por eles, se non en positivo, si en negativo. 2. O seu interese pola literatura veu dado pola súa pronta relación con Manuel María ou tamén o entrar moi novo a traballar en Edicións Castrelos e o contacto coa familia Álvarez Blázquez tivo moito que ver? Non, o meu interese pola literatura naceu moito antes. Eu son un lector voraz desde que aprendín a ler, ós dez anos xa lera o Quixote e Os tres mosqueteiros e outros libros que felizmente había na miña casa. E o primeiro soneto intenteino escribir ós once anos, era un soneto satírico contra un compañeiro. Ben, en realidade non era un soneto, pero queríao ser. Despois, xaora, viñeron os mestres, que foron certamente Manuel María, o primeiro deles, e despois Xosé María Álvarez Blázquez. Manuel María foi o máis importante na literatura, e tamén na política, polo menos naqueles primeiros anos, cando eu tiña dezasete ou dezaoito. Xosé María foi máis importante noutras cousas, na historia, na obsesión filolóxica, mesmo na maneira de traballar. 3. Sabemos que Vostede participaba activamente na edición das diferentes obras publicadas en Castrelos, como Aventuras de Alberte Quiñoi de Manuel García Barros. Que nos podería contar con respecto á edición daquela en galego? E da censura imperante na época até o final da ditadura? Daría pra moito contar, e iso que moitas cousas xa me esqueceron. Era un traballo moi emocionante, un novo libro era un acontecemento, non coma agora que saen tantos. Cando chegaba impreso un novo libro, e Xosé María e mais eu iámolo celebrar sempre á Pedra, ese barrio vello de Vigo: bebiamos unha botella de Condado e papabamos unha ducia de ostras. Ou dúas (ducias, non botellas). A censura non lembro que nos dera moito a lata mentres estiven en Castrelos. Pero é que xa nosoutros nos autocensurabamos. Os editores algunhas cousas xa sabían redondamente que non pasaban a censura, e entón nin sequera as mandaban. Publicábanse en América, ou en Suíza. Claro que ás veces mandábanse cousas a ver se pasaban, e se cadra non pasaban. A min por exemplo desgraciáronme tres libros, pero ningún deles o mandou Castrelos, mandounos Xistral, ou sexa Manuel María, ou eu mesmo pola miña conta. miércoles 6 de noviembre de 2013 Fonte: Paisajes libros
  3. 3. Darío Xohán Cabana 4. Foi Vostede un autor realmente precoz. A que poderiamos achacar esa precocidade? E para cando o xénero dramático? Tiven a sorte, ou a mala sorte, de publicar moi noviño, con apenas 18 anos, porque Manuel María me protexeu e me editou el mesmo. Probablemente fora mellor que non empezara a publicar ata os 25 ou así, pero tampouco non me arrepinto. Probablemente nunca escriba teatro. Estiven a punto, mesmo tiña unha obra moi pensada xa, pero despois algo se meteu polo medio e o proxecto podreceu, que é unha cousa que pasa moitas veces. 5. Foi Vostede un gran tradutor de obras literarias, especialmente clásicas, ao noso idioma, polo menos este labor viuse recompensado con varios premios. Até que punto unha tradución dunha obra lírica supón unha maior dificultade á hora de ser traducida a outro idioma? Até que punto unha obra poética perde certa orixinalidade nesa tradución? É claro que a tradución de poesía, e sobre todo de poesía rimada, é moito máis difícil cá da prosa, por difícil que sexa unha prosa. Pero a min tamén me gusta máis, precisamente por esa dificultade. E naturalmente un poema sempre perde na tradución: perde o idioma, que xa non é pouco. Pero unhas veces perde máis e outras menos, e aí está o interesante do asunto. 6. A maiores dos premios por tradución, acadou Vostede outros moitos premios literarios (Xerais. Barco de Vapor...) Que supuxeron para Vostede eses premios a nivel individual? O Xerais por Galván en Saor representou que entrei na narrativa pola porta grande, cun éxito fulgurante que aínda me asombra. Os outros premios significaron moito, pero sempre menos ca aquel. Retrato de Darío Xohán Cabana realizado por: Andrea Rodríguez Eiras, alumna do MGB miércoles 6 de noviembre de 2013
  4. 4. Darío Xohán Cabana 7. Canto á súa obra narrativa posibelmente máis coñecida, Galván en Saor, supoñemos que previamente á ficción literaria tivo que Vostede realizar en profundidade un estudo da literatura de temática artúrica ou xa era unha temática que Vostede dominaba? Sempre ocorre ese estudo profundo previo ao mergullarse na ficción literaria ou ben vai xurdindo segundo esta ficción se vai desenvolvendo? Ben, eu “dominaba” a literatura artúrica porque a levaba lendo moitos anos, non pra escribir no seu ronsel senón simplemente polo gozo de ler. As miñas historias, quero dicir as que contei, sempre saíron das miñas lecturas de lector, non de lecturas de escritor feitas adrede. E tamén, xaora, da miña propia vida, das miñas obsesións. Isto non quere dicir, xaora, que un non lea libros adrede pra axudarse a escribir unha novela concreta, pero xa son libros de historia, ou ó mellor de ciencias naturais ou do que sexa, cando se trata dunha novela histórica, ou cando hai que describir algún proceso ecolóxico ou algo así. Se tes que describir unha guerra, terás que saber algo de estratexia militar. Fonte: La Voz de Galicia 8. Que pensou Vostede cando lle propuxeron recolleitar a súa poética nun libro (Vinte cadernos)? Non pensaría que unha vez recolleitada esa poética xa case a súa lírica tocaba o cume? Non, é que xa tiña cincuenta anos, que é unha idade axeitada pra mirar un pouco cara a atrás. De todos os xeitos, eu desde aquela escribín moi pouca poesía, só un libro que se chama Cabalgada na brétema. Que non sei se é mellor ou peor cós anteriores, pero que me parece que ten dous ou tres dos mellores poemas que escribín na miña vida. 9. Tan preto tiña de Vostede a ditadura como para ter que empregar un pseudónimo (“Daniel Méndez”) aínda no 1974? É que no 74 había ditadura, non había apertura. Había unha ditadura brutal e asasina que aínda no ano seguinte matou os meus amigos Moncho Reboiras e Humberto Baena. Estaba Franco morrendo, e mataba, e aínda seguiu matando despois de morto. miércoles 6 de noviembre de 2013
  5. 5. Darío Xohán Cabana 10. Ao entrar na RAG, pronunciou Vostede o discurso “De Manuel María a Méndez Ferrín: a grande xeración”. Que supuxeron, e supoñen, estes dous mestres para Vostede? Eles dous e Xosé María Álvarez Blázquez foron os meus grandes mestres intelectuais, algo así coma Deus en tres persoas. E ademais os meus amigos fraternais, os meus irmáns de armas, os meus camaradas. 11. E tocando o tema da RAG e de don Xosé Luís Méndez Ferrín, tomou Vostede parte activa na polémica suscitada cando a demisión deste último como presidente, chegando incluso a falar de “conspiración”. Segue convencido aínda agora que este cambio de presidente foi algo traumático e por riba apoiado por unha “conspiración” en contra do seu amigo Méndez Ferrín? Si. 12. Cre Vostede que tamén se debería recoñecer, e premiar, a tradución dos nosos clásicos a outros idiomas como lle ocorreu a Vostede cando o Concello de Florencia o premiou pola tradución de obras de Dante e de Petrarca ao galego? Si, paréceme que se debía facer un premio para as traducións do galego a outros idiomas. Pero non é fácil, porque para xulgar as traducións hai que coñecer moi ben a lingua de destino, non abonda con entendela. Quen entre nós pode xulgar a calidade da tradución de Rosalía ó xaponés? miércoles 6 de noviembre de 2013 Fonte: Canal Lector
  6. 6. IO R A N IO T ES U C miércoles 6 de noviembre de 2013
  7. 7. obra a unh /-a e gos? utor gale a /ha raria ña, n U reta lite B , rrín na. z Fe aldi e énd smer M E nto me onu bel? n m ientá U sal oa ent ña. um oru on m da C O os rr Cu Cal é a súa fonte de inspiración A vida, os libros. miércoles 6 de noviembre de 2013 Un personaxe galego e un estranxeiro? Roi Xordo e Lenin. Un p O erson axe l i iden terario c o qu tifiq Galv e se ue? án das nove tien las d de T e roye s. Chré Unha película de cine? Acoirazado Potenkin Unha obra teatral? O Hamlet de Cunqueiro. a obr a nh s? u a e xeiro or/ ran aut est ia. d /ha aria n er me U it Co l na D A te, an ivi D
  8. 8. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Un feito histórico? A revolución soviética. zar? li r rea po Italia. A casa Mundo rural/urbano? Praia/ montaña? n o no e ncei a a edio Un m uera r seq vi Vi . talia I Pra vivir, unha aldea. Nin praia nin montaña: unha terra máis ben chá. Un/ha autor/-a con quen se identifique? Alfonso Pexegueiro, que é ca se o contrario de min como poeta , Outro entretemento ademais da lectura? Case non teño. miércoles 6 de noviembre de 2013 Un tipo de músi ca? Unh a canción ? O rock e todo iso que leva ó re dor. Grá ndola, de José A fonso. Un l ugar a xeita lectu do para ra? a A ca ma o u alg parec o ido. a Unh ? opía ut o todo en mo mundo is cial nese O so o, e ia nd a Galic . mu nh te u den n depe in
  1. A particular slide catching your eye?

    Clipping is a handy way to collect important slides you want to go back to later.

×