Your SlideShare is downloading. ×
0
Bernardiño graña
Bernardiño graña
Bernardiño graña
Bernardiño graña
Bernardiño graña
Bernardiño graña
Bernardiño graña
Bernardiño graña
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Bernardiño graña

180

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
180
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
7
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Bernardino Graña Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservadosmiércoles 9 de enero de 2013
  • 2. Bernardino Graña 1. Como lembra Vostede aqueles seus anos mozos dos comezos da ditadura naquel ambiente mariñeiro de Cangas (da Ría de Vigo) onde a economía pesqueira estaba a adquirir grande pulo? Forxaron aquelas circunstancias, aqueles factores económicos e sociais ao futuro Bernardino Graña? Cangas daba mariñeiros de altura e mariñeiros de baixura. Fun, sendo un neno, con mariñeiros de baixura, en gamela, a pescar luras, fanecas, polbos, mariscos… Co tío Emilio, irmán do meu pai e con Luís Sotelo, meu padriño, marido de Agustina, tía e madriña, irmá da miña nai. E fun, de menor e de maior, pola costa de Darbo e Liméns, con cana, a pescar pintos e serráns. Esa circunstancia aínda está influindo na miña literatura actual. Preparo narracións onde se narran os feitos. 2. Xa desde xove o seu interese pola poesía toma corpo cando participou na redacción dunha revista poética. A que cre Vostede que se debeu esa inclinación cara á lírica? Por que con seguiu a corrente da maior parte dos seus coetáneos que comezaron pola narrativa ou o teatro? Incluso os que se deron a coñecer na narrativa e no teatro comenzaron, aínda que non o confesen, facendo versos. É o normal. A lírica, a expresión dos sentimentos, é o normal. En todo o mundo a literatura en verso como primeira literatura é o normal. 3. Que supón para vostede pertencer, e ser un dos seus fundadores, ao grupo galeguista Brais Pinto? Cales foron as principais iniciativas, logros para o galego neste grupo? Inflúe moito a tendencia política dos seus integrantes no labor que fan? En que Algúns dos actuais membros do grupo Brais sentido? Pinto. Fonte: O blog de Raúl. Pertenzo a Brais Pinto, grupo cultural de resistencia nado en Madrid a finais dos anos 50 do século pasado. Era e é un movemento de resistencia contra Franco e os franquistas. Sigo e seguiréi na mesma liña. Seguimos afirmándonos en Galicia, dicindo “Non” ao centralismo. Somos unha nación.miércoles 9 de enero de 2013
  • 3. Bernardino Graña 4. Vostede foi un dos compoñentes da “Xeración das Festas Minervais”. Que lembranzas ten dese grupo que tanto supuxo para a nosa lírica? Cre Vostede que esta xeración foi valorada na súa xusta medida? Que papel, segundo Vostede, xogou esta Xeración para as nosas letras? Nas Festas Minervales de Santiago de Compostela dos anos 50 do século pasado déronse a coñecer Salvador García-Bodaño, Xosé Luís Franco Grande, Francisco Carro, Arcadio López Casanova, Xosé Luís Méndez Ferrín, Ramón Lorenzo… Unha conta enorme, inmensa para a nosa lírica. Valórana a xente que vale. 5. Foi Vostede un impulsor e primeiro presidente da AELG. Como cualificaría a importancia desta Asociacion para as nosas letras? A AELG é algo parecido a Brais Pinto. Poden ingresar nela os autores de obra escrita en galego. Coa AELG, no Galeusca, fomos ao País Vasco, a Pamplona, a Castellón, a Mallorca, a Francia… a convivir e compaxinar con vascos, cataláns, valenciáns... Só os centralistas e os Homenaxe da AELG. ignorantes non cualifican nin lle dan importancia a ese encontro de nacións. Fonte: El Ideal Gallego. 6. Segundo nos conta o noso profesor de Literatura nunha súa visita ao noso Centro alá nos anos 80 cando lle preguntaron cáles eran os temas da súa poesía Vostede respostou que “O mar e amar”. Por que daquela a Vostede se coñece co nome de “Poeta do mar” e non “Poeta do amor? Que ocorreu co “amor”? ¿Que ocorreu co amor?” Fundamental pregunta. Preguntádelle a Núñez Feijóo, que non casa nin con muller nin con home, que é un dos guías que non teñen ollos. Está na “Letanía para nos librar dos que a ninguén aman”. Se para algúns só son poeta do mar é porque ser poeta dunha cousa cábelles, pero selo de dúas xa non lles cabe. 7. Tan importante é o mar na súa poesía como para figurar ao carón de Cosmos nas definicións que por aí circulan: “Poeta cósmico e do mar”? Si. É tan importante. Despois do amor. O mais importante é o amor. Do que vimos. Do verbo “vir”.miércoles 9 de enero de 2013
  • 4. Bernardino Graña 8. Sempre soubemos que a súa literatura é monolingüe no noso idioma. Ocorreu o mesmo co seu amplo labor xornalístico? Como cre que anda lingüísticamente o noso idioma no xornalismo contemporáneo? Houbo moitos anos en que estabamos españolizados. Á forza. Ou en castelán ou fóra… Se acaso o que mandabas en galego ata cho traducían ao castelán. Agora (por exemplo, Manolo Rivas) estamos “coa lingua de fóra”. 9. Non é unha contradicción que un escritor monolingüe en galego impartise clase de Castelán? Como se sentía Vostede con esta circunstancia? Igual que no anterior. Non era contradicción. Non había oposicións a Literatura Galega. O galego “non era lingua”. Nos anos 70, cando por fin volvín a Galicia, vinme en Padrón e Cangas como catedrático de Lingua e Literatura Españolas e expliquei iso en galego. Era a nosa vida… Era a españolización franquista. Non había elección. Cando tomei posesión da cátedra de Lingua e Literatura Españolas tiven que asinar unha declaración xurada (obrigatoria) de aceptación dos principios do paralizante “movimiento nacional” de Franco. 10. Acadou Vostede recoñecementos a nivel de premios literarios en todos os eidos literarios que tocou (Teatro, teatro para nenos, lírica, narrativa infantil contos infantís...). Con cal, ou con cales, se quedaría e por que? Supuxo moito para Vostede verse no elenco de gañadores do Certame Abrente de Ribadavia? Iso de “¿con cal, ou con cales, se quedaría?” é para xente estreita, non para min. Síntome orgulloso de ter acadado eses premios. Síntome orgulloso de ter acadado o Abrente de Ribadavia. A pesar de que non me representaron.miércoles 9 de enero de 2013
  • 5. Bernardino Graña 11. Non cre que son poucos os recoñecementos verbo da súa lírica cando foi o xénero que máis relevancia lle proporcionou? Profecía do mar”, por exemplo, tivo catro edicións nesta nosa, empobrecida Galicia. Hai poemas meus traducidos ao español, inglés, francés, ruso e macedonio. Hai homes e mulleres que casaron oíndo, con música ou sen música, poemas do autor… Hai alumnos como vós que teñen corazón para a lírica e preguntan con preguntas de amor. Non me queixo. 12. Aquí na Estrada concedéronlle a Vostede o merecido Premio San Martiño á Normalización Lingüistica polo seu compromiso co noso idioma. Como enxerga Vostede a situación actual do noso idioma? Que habería que modificar? Hai que insistir, insistir, insistir… Entrega de premios San Martiño. Fonte: La Voz de Galicia 13. Vostede a comezos dos anos 90 participou nunhas xornadas verbo da figura do insigne galeguista que lle dá nome ao noso Centro, Manuel García Barros. Que salientaría Vostede de Ken Keirades? Manuel García Barros foi fiel ao seu pobo. Aprendeu del a súa lingua, a súa retranca, os seus personaxes… Como debe ser. 14. E para finalizarmos, como olla Vostede desde a súa ampla experiencia futuro das nosas letras? Se seguimos sensíbeis insistiremos. Se a xente non deixa de ler.miércoles 9 de enero de 2013
  • 6. A R IO IO N ES T CUmiércoles 9 de enero de 2013
  • 7. a obra Un personaxe galego e e unh un estranxeiro? Un personaxe literario co que se r/-a egos? a auto gal Galego - Pedro Pardo identifique? U n/h teraria mor li co A de Cela; estranxeiro - Blan ga. Robinson Crusoe. ardo smor Cronwel. Edu A E – Unha obr a teatral? Unh a pel A comed ícula nto ia de tres Tem de ci me pos m ne? onu bel? do cadelas” odern U n m ientá Gl oria de Bertol d Char les C os” d sal Brecht hapli e da ateo. n. ico e M órt tr O P Mes Outro entretemento ademais da literatura? obra Plantar, coidar u nha / -a e eiros? Cal é a sua fonte de aa utor tranx tos. árbores. h s s con inspiración? Un/ eraria e it s seu A miña vida e a vida l d eeo Wil das mulleres amadas. Ó scarmiércoles 9 de enero de 2013
  • 8. Un feito histórico? Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? O prendemento e A costa de Soa Vela fronte ás Illas Cíes. proceso de María Soliña de Cangas. a? Un l u topí ugar Unh a neta axeit e pla por lectu ado para Un t ipo d Qu e est pado Am ra? a e mú ocu ionais e iña c A mú s canc ica? Unh estéa is rac Can asa e n ima uitivos. sica ión? a gas. B ach. d e Joha an A can n Se b int ción de Ca Lela, astián stela con letra l izar ? o. po r rea sa ceio iñ a ca an m Un r na s. Un/h vivi nga a o? Praia/ a lver en Ca quen autor/- urban Vo se id a con l/ entif o rura Mund mo ntaña ? Om ique ? os me tros Man ariñ al, a pouc praia. uel A eiro Rur d unha nton vila e io. d unhamiércoles 9 de enero de 2013

×