Literatura Galega                                do Século XX e da Actualidade                       Arcadio López Casanov...
Arcadio López Casanova               1.    Vostede naceu en Lugo na inmediata posguerra. Até que punto esta circunstancia ...
Arcadio López Casanova               5.    A súa estadía no Colexio Fingoy e os contactos co esgrevio Carbalho Calero marc...
Arcadio López Casanova               9.    Dúas obras súas foron retiradas “Por orde gubernativa”. Que sente un           ...
Arcadio López Casanova               13.   Que sente un escritor ao ser premiado? E cando ten que conceder un premio nun x...
A R IO                                      IO N                                  ES T                                CUmi...
a   a                                          Un p                   it           ad o par                               ...
Un feito histórico?                     Unha obra teatral?                      Un tipo                                   ...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Arcadio lópez casanova

318 views
229 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
318
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
36
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Arcadio lópez casanova

  1. 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Arcadio López Casanova Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservadosmiércoles 30 de enero de 2013
  2. 2. Arcadio López Casanova 1. Vostede naceu en Lugo na inmediata posguerra. Até que punto esta circunstancia e este espazo marcou a súa futura obra e o seu pensamento? O Páramo é o espazo da súa obra “Palabra de honor”. Volveu o espazo lugués a ser fundamental na súa obra ou só ocasional? Un é, queira ou non, fillo do seu tempo, e, xa que logo, os marcos temporais, sociais, espaciais, etc. son determinantes na configuración da personalidade e da visión do mundo propias. En canto a O Páramo, é un espazo esencial –que chegou a acadar unha complexa dimensión simbólica- no meu mundo poético, tal se pode ver no meu último poemario, “Herdo do canto”. 2. A súa infancia foi tan importante como para amosar aquela preocupación obsesiva por recuperala nas súas primeiras obras? Por fortuna, tiven una infancia moi feliz, verdadeiramente edénica, naquela paisaxe fermosa d´O Páramo, na casa familiar (que será logo, nos meus poemas, a “Casa grande”) e coa figura protectora, mítica, da miña avóa Manoela (decisiva na miña vida). 3. Que supuxo para Vostede a descuberta de Compostela onde tomou contacto directo coa galeguidade da época e coa cultura galega? En Compostela, naqueles primeiros anos dos 60, tomou corpo o meu sentimento galeguista, e foron uns anos cheos de ilusión, de esperanza, de loita por Galicia, de defensa da nosa língua (cando –todo hai que dicilo- apenas eramos unha ducia os mozos universitarios comprometidos). 4. Que importancia lles daría Vostede a aquelas xeracións dos anos 50-60 coas que colaborou e nas que figura inmiscido para a nosa literatura contemporánea? Coido que é uhna xeración verdadeiramente decisiva e anovadora, que trae –e aporta- unhas poéticas (de signo existencial e testemuñal) acordes co seu tempo histórico.miércoles 30 de enero de 2013
  3. 3. Arcadio López Casanova 5. A súa estadía no Colexio Fingoy e os contactos co esgrevio Carbalho Calero marcou en Vostede unha nova visión ou simplemente unha continuación da realizade que encetara en Compostela? Agradecín moito a confianza que me deu no seu momento don Ricardo, e axudoume, sobre de todo, na tarefa docente e investigadora. 6. Cre Vostede que aquela xeración ou grupo poético que se deu a coñecer co certame das Festas Minervais marcou un antes e un despois na nosa lírica do século XX? Coma xa apuntei, certamente que si, foi verdadeiramente revolucionaria. Pero é unha xeración que aínda hai que investigar a fondo, con rigor, para ver toda a súa complexa articulación e todo o alto valor das súas aportacións. 7. Coida Vostede que aquela visión desesperada do mundo e das cousas que se podía ollar na “Escola da Tebra” aínda tería vixencia nesta nosa sociedade contemporánea? Toda visión auténtica –coma o foi aquela- non desaparez, sempre ten vixencia. Non responde a unha moda pasaxeira, senón a algo máis radical e fondo. E non se pode esquecer, doutra banda, que estamos en tempos ben mesterosos, nos que o poeta ten que volver a cantar dende a “noite do mundo”. 8. Recén rematada a ditadura no ano 1976 publícanse dúas obras consideradas fundamentais para a nosa lírica de fins de século: “Con pólvora e magnolias” de Méndez Ferrín e a súa “Mesteres”. Que nos podería contar da importancia destas dúas obras para a nosa lírica? Que sente un escritor ao publicar unha obra coma esta que abre un novo espazo literario? Para min foi unha alegría –e una honra- coincidir nese ano co gran amigo e compañeiro, mestre en tantas cousas, X.L. Méndez Ferrín. Os dous viñamos das poéticas de signo realista (pero sen desbotar os valores estéticos), e coido que os nosos libros –tan diferentes, por outra parte- coincidían en supostos básicos de creación: un, a consideración do poema coma obxecto estético; outro,un poema non se xustifica pola súa substancia temática (sexa a que for); e outro, a revolución tamén está na forma estética.miércoles 30 de enero de 2013
  4. 4. Arcadio López Casanova 9. Dúas obras súas foron retiradas “Por orde gubernativa”. Que sente un autor perante este feito? Fai este feito que, como ocorreu con Curros, aínda se reafirme máis nos seus pensamentos e na súa maneira de actuar? Pois, por suposto, frustración e impotencia, cando un comproba que a súa palabra non é libre. Pero, certamente, tamén supón un íntimo reforzo dos seus ideais, dos seus supostos de creación, do seu espírito de loita. 10. A temática da súa obra foi evolucionando incluso desde unha preocupación por recuperar a infancia até meditacións íntimas sobre a morte. Como nos podería xustificar estas temáticas tan antitéticas? Fonte: franciscoponce.com Non, non son antitéticas se se entende –coma algunhas veces comentei- que toda a miña obra agroma dun foco unitario, a vivencia dramática dunha desfeita, da existencia coma perda ou desvalemento só sostida –e iluminada- polo amor. Esa desfeita era, nos primeiros poemas, a do mundo edénico da infancia; logo, a experiencia do exilio, a perda da Terra-Nai e das raíces; e tamén, claro, o asexo visionario da Morte. 11. Na creación, e a parte da poesía, interésanlle outros xéneros ou formas literarios? Interesoume –e interésame- o relato infantil (publiquei dous) e o teatro (saíu una obra miña, “Orestes”, que chegou a ter una lectura escenificada). Dende hai moitos anos –pode que corenta- teño inéditos outro relato infantil e unha obra de teatro. 12. Vostede que se deu a coñecer pola súa escrita en galego e que tamén publicou en lingua castelá, en cal dos dous idiomas se sente máis cómodo e comprometido? Pode un escritor acadar un alto nivel literario en dous idiomas ou máis diferentes? No meu caso, a língua está sempre en razón do agromo do mundo representado.Por poñer un exemplo: “Mesteres” sería impensable en castelán e “La oscura potestad” en galego. Certo tamén –en canto ó compromiso- que é moito máis ampla a miña obra en galego.miércoles 30 de enero de 2013
  5. 5. Arcadio López Casanova 13. Que sente un escritor ao ser premiado? E cando ten que conceder un premio nun xurado? Para cal das dúas facetas lle axudou máis a súa profesión de profesor de critica literaria? Un premio é –ó menos para min- o recoñecemento a un traballo creador, e que, por máis, axuda a dar a coñecer a obra dun autor. Nun xurado, tento actuar sempre co meirande rigor crítico que me guíe a premiar unha obra de verdadeiro valor literario e que amose unha voz orixinal. Obviamente, a miña función de profesor e de estudoso da literatura é a que máis me axuda cando estou nesa tarefa de xurado. 14. E por último, que supuxo para Vostede que a RAG o nomease “Membro de honra”? Este feito fíxoo pensar en retomar a súa actividade literaria no noso idioma? A RAG é a institución emblemática –e xa centenaria- da língua e a cultura do noso país. Formar parte dela representa, polo tanto, unha honra, e supón un xeneroso recoñecemento ó meu traballo creador e de investigación. Doutra banda, nunca abandonei a actividade literaria en galego. Sucede que a miña obra delóngase moito no tempo, sen prisas nin urxencias. Agora, tras sete anos de silencio, teño case rematado un novo poemario, “As voces da máscara”.miércoles 30 de enero de 2013
  6. 6. A R IO IO N ES T CUmiércoles 30 de enero de 2013
  7. 7. a a Un p it ad o par erson r axe ? Unha utopía? axe l luga tura o i iden terario c Un lec cia, n Con tifiq o qu e Valen A igualdade e priva calque ue? e se asa d acho. ción r an tih iña c desp econ é liberdade das xentes e aute roe que Am meu o seu nticida loita, d os pobos oprimidos. prox d en ecto e, por des de a vital envo . lver Un/ha autor/-a e unha obra ? de cine literaria galegos? a películ eo” d e Un m Direi dous nomes e dúas Un ha o“ Orf de onum t res:, o selo” ni, salie ento én io obras cimeiras: Rosalía e ei tam O sétim Anton ntes ntáb C itar au , “ e ” de ista re el? “Follas novas”. Pimentel e Co cte “A noit (ben d e cut Am s an e ras xoia ica - de ino, s ural m “Cid la da “Sombra do aire na herba”. Berg rdadei n estét Tarant ). ade d miñ tre s ve o ee d os ada e ped a t emp actual áis cam ra”. – en ado dem rein dóvar e o Un/ha autor/-a e unha obra Alm Un personaxe galego e literaria estranxeiros? un estranxeiro? Agora –se se me permite- citarei Sempre tiven –e teño- uhna grande admiración pola figu tres: T.S.Eliot e os “Catro coartetos/ ra patriarcal de Otero Pedrayo. De “Anábase” de Perse/ “Dios deseado y fora, Gandhi, exemplo dunha deseante” de JRJ. ética ó servizo dun pobo.miércoles 30 de enero de 2013
  8. 8. Un feito histórico? Unha obra teatral? Un tipo de músi Dúas,“Divinas palabras” de Valle ca? Unh A Revolución Francesa (con - Inclán e “As moscas” de Sartre. Depende a todo o que supuxo). ndo dos moment de ánim os e o est o, Debus Schönbe rg. O ca sy, Falla ado , Un lugar para visitar? e un lugar os“Carm nto greo gorián e ina Bur para descansar? ana”. Son un decadente (que lle vou facer!): Cal é a súa fonte de sempre Venecia. Para descansar, a miña casa ou a Casa grande d´O Páramo. Ou inspiración? ad tro em en Tentei –e tento- ser sempre fiel ó ais tret que me vai dictando, paso a paso, a ? Vi da eme izar iti axa l n miña vida, o meu sentir máis fondo por real ne rar r, d ectu to e auténtico. Para min a poesía é, en o o ra? a ncei io neir n, ios esco primeiro termo, unha iluminadora U n anc arme el b ug rir revelación, e ten, por máis, unha un c o a C a Esc ribir icad i da, are función perfectiva, edificadora da d ed i ña v s. nosa existencia. roso ra na m ebo. amo añei d p a nto com quen t Mundo rural/urbano? Un/ha autor/-a con quen se Praia/montaña? identifique? Eu son lugués do interior, pero a Non hai un, hai moitos. Cada momento, cada miña estadía no País Valencano etapa da vida ten os seus exemplos, os seus descobriume a presencia e a vivencia modelos. do mar, que forma parte da miña vida (e do meu mundo poético).miércoles 30 de enero de 2013

×